El futuro político de Gómez Besteiro como candidato a la Xunta, en la cuerda floja: el líder del PSdeG recibe el apoyo de la Ejecutiva gallega

Membros da Executiva Nacional do PSdeG, do grupo parlamentario socialista, do grupo provincial da Deputación de Lugo e a alcaldesa de Lugo Lara Mández amosaron tras un acto sobre educación en Lugo o seu respaldo “rotundo” ao secretario xeral José Ramón Gómez Besteiro e pediron “axilidade” no proceso xudicial aberto.
Así, en respostas aos medios, o secretario de Educación da Executiva do PSdeG e deputado, Vicente Docasar, incidiu no “respaldo unánime” que lle deu a Executiva Nacional ao secretario xeral na reunión do sábado e trasladou a “máxima implicación” coa situación de Gómez Besteiro, n aliña do expresado hoxe mesmo pola secretaria de Organización, Pilar Cancela.
A deputada autonómica Concepción Burgo expresou o seu “apoio para seguir sendo secretario xeral e tamén candidato á Xunta”, ademáis de defender que as actuacións no Garañón se tomaron “en base a un PXOM do ano 1991 aprobado polo PP, cumprindo todas as normas”. Burgo expresou que “de forma persoal” lle estranan “moitísimo os tempos que se están a manexar”. Lembrou a denuncia “dunhas persoas que tiñan intereses” na zona, tres días despois de que o PP bloquease a designación de Besteiro como senador “nunha decisión sen precedentes, anulando un pleno do Parlamento xa convocado para nomear senador ao señor Besteiro, elixido polo PSdeG, que é a quen lle correspondía”. Unha decisión sobre a que hai “moitas dúbidas de que sexa legal”, dixo.
“Sabe que estamos con el e sabemos que todo isto vai quedar en nada”, como recordou que xa sucedeu en varias ocasións , “pero prexudicando moito a moita xente, e iso non se pode permitir”. “Pedimos que se tomen xa decisión rápidas A xustiza ten que ser fundamentalmente rápida, se non non é xusta”, afirmou a deputada socialista.
Pola súa banda, Álvaro Santos, deputado en Lugo, expresou o “apoio rotundo e inquebrantable do grupo provincial” a Gómez Besteiro, “un apoio que deron tamén os cidadáns cos mellores resultados da historia dos socialistas na provincia” nas últimas eleccións. “Seguimos tendo o mellor candidato á presidencia da Xunta, que é necesario que sexa gobernada por unha persoa que crea no público”, afirmou, lembrando o “saber facer” na súa etapa na Deputación e antes de pedir “celeridade á xustiza, que non só debe ser rápida e áxil para imputar, senón tamén para resolver e dignificar ás persoas que exercemos a política. Sigo crendo na política e espero poder seguir crendo tamén en todos os xuíces”, asegurou.
Tamén a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destacou que é “tremendamente inxusto que unha persoa teña que enterarse dunha imputación polos medios, o que o deixa nunha situación de indefensión inadmisible”. Lembrou que este proceso é “un feito recurrente no que o secretario xeral xa entregou a documentación para esclarecelo”, e engadiu que “non se entende que a imputación sexa neste momento”. Besteiro, dixo, “ten todas as condicións para ser secretario xeral, ten o respaldo do seu partido e dos seus compañeiros e non quebranta o código ético. Na mesma liña, solicitou “máxima axilidade, porque se se dilata no tempo, aínda que ao final se esclareza e quede en nada, non é xusto, porque hai un dano irreparable”, lembrando que ela mesma tivo que pasar por unha imputación que durou anos.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O portavoz dos populares galegos, Miguel Tellado, afirmou que o PPdeG entende que non hai ningún obstáculo para proceder á renovación dos órganos estatutarios xa que “se non o había hai un mes, tampouco o hai a día de hoxe”. Segundo o voceiro, agardan que no PSOE haxa madurez para que nas próximas semanas se poida concretar da forma máis inmediata posible a renovación do Valedor do Pobo e do Consello de Contas.
Na súa comparecencia en rolda de prensa, Tellado recordou que a renovación destes órganos estivo bloqueada durante meses e que foi o PSdeG quen se negou ao acordo “ata que o soldo do Senado e o aforamento empezaron a ser unha prioridade para eles”, sinalou. Agora que Besteiro non se pode beneficiar de ambas cousas, o portavoz espera que “a postura do PSOE non derive nun novo bloqueo na renovación destes órganos”, engadiu.
Con respecto á imputación de José Ramón Gómez Besteiro, Tellado afirmou que “non imos xulgar a súa situación xudicial coa dureza coa que o señor Besteiro xulgou a representantes doutras partidos na mesma situación na que el se atopa no día de hoxe, e tampouco coa mesma dureza coa que el xulgou a compañeiros do seu propio partido”.
Segundo Tellado, aos reveses xudiciais de Besteiro súmanse agora os problemas internos dentro do seu partido e, malia que “non é intención do PPdeG apretar a soga do señor Besteiro, o certo e que ten ante si a oportunidade de ser coherente por primeira vez desde que é secretario xeral do PSdeG”, sentenciou.
Miguel Tellado tamén informou que o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participará de forma activa na Conferencia política que o Partido Popular celebrará esta semana en Madrid. Alí, o presidente dos populares galegos formará parte, a tarde do venres, dunha mesa de Emprego e Política Social, moderada por Javier Maroto e na que tamén participarán a ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, o ministro de Educación, Íñigo Méndez de Vigo, o presidente da Xunta de Castela e León, Juan Vicente Herrera, e o alcalde de Santander, Íñigo de la Serna.
O voceiro salientou que non é casual que o líder dos populares galegos participe de forma concreta nesta mesa senón que “o fai a petición propia porque o emprego e o benestar son as principais preocupacións da cidadanía do noso país” ademais de que “cremos que a reorientación do PP pasa por recuperar a confianza maioritaria da cidadanía e por un xiro social para atender de forma intensa as cuestións relativas á desigualdade e o benestar social”.
Segundo Tellado, “non diríamos nada novo se destacásemos as políticas sociais desenvolvidas pola Xunta nos últimos anos e nos últimos días”, facendo referencia a medidas como a loita contra os desafiuzamentos ou o Plan contra a desigualdade económica. Por iso, “Feijóo non irá a Madrid para presumir do que facemos en Galicia en materia de política social senón que irá a explicar o que cremos que hai que facer a nivel nacional para loitar contra a crise e a desigualdade” afirmou Tellado.
Para o voceiro, esta Conferencia política non é unha convención máis senón que pretende definir o futuro do Partido Popular para reconquistar a confianza da cidadanía e “para que o PP volva a ser o partido que mellor representa a maioría social do noso país” concluíu.
R.