PSdeG y BNG negocian los gobiernos de las diputaciones provinciales, centrando su disputa principal en A Coruña

A secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, asegurou en Santiago que “os socialistas apostamos por unhas deputacións provinciais transparentes, democráticas e que garantan os mesmos servizos básicos para todos os concellos”. Cancela compareceu ante os medios de comunicación tras asinar co BNG unha proposta para a actuación nas deputacións provinciais. No documento, ambas formacións apostan “por unha transformación radical no funcionamento destas institucións”.
En opinión da secretaria de Organización do PSdeG, “é un paso cara adiante para un novo modelo de xestión das deputacións, no que debe ser importante unha delimitación competencial clara e reforzar aos concellos, sobre todo os máis pequenos”.
“As dúas formacións estamos dacordo en que ten que haber unha garantía de mínimos para que todos os concellos teñan os mesmos servizos, as deputacións deben ser transparentes e democráticas, órganos de diálogo e consenso, non de imposición”, manifestou. “Segue aberta unha liña de negociación para cuestións específicas da organización das deputacións, sempre co obxectivo dunha reorganización, simplificación e adelgazamento competencial, que nos leve a un modelo de xestión sen duplicidades coa Xunta e os concellos”, apuntou. “Nós non defendemos a supresión das deputacións, nesto pensamos diferente ao BNG como reflicte o documento, nós respectamos o actual marco xurídico e constitucional e o que queremos son institucións provinciais gobernadas con racionalidade e que se ciñan aos aspectos competenciais que lle corresponden”, aseverou Cancela.
Con respecto á presidencia da Deputación da Coruña, a secretaria de Organización do PSdeG asegurou que “é un tema que se está negociando no ámbito provinvial, nós por suposto apostamos por presidir a institución, porque a correlación de forzas é de oito representantes socialistas por cinco do BNG, polo que as matemáticas están claras”.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

“Este acordo vai na liña contraria: adelgaza ás deputacións, consolida as competencias dos concellos e da os pasos para que reciban novas competencias” que agora exercen dun xeito impropio os entes provinciais. O acordo “é unha ferramenta para inverter ese proceso de recentralización negativo para os concellos”, recalcou. Na súa valoración política do acordo, Vence indicou que “marca un antes e un despois na historia das deputacións, iniciando o percorrido para a desaparición de institucións que son “unha rémora do pasado, herdanza dun modelo de Estado centralista”. Os detalles do programa marco foron enumerados pola secretaria de Política Municipal, Goretti Sanmartín, arredor de tres obxectivos: adelgazar as deputacións, democratización radical do seu funcionamento e xestión de recursos sen rastro de clientelismo ou partidismo.
No primeiro obxectivo, o acordo recolle iniciar coa Xunta un proceso de negociación nos tres primeiros meses de lexislatura para promover a transferencia de competencias cun calendario ao longo do mandato e, igualmente, no caso dos concellos, proceder á transferencia directa de recursos para as prioridades de investimento que fixen os propios municipios. A idea, explicou Sanmartín, “é elaborar un orzamento cos recursos das deputacións tras escoitar as necesidades dos concellos”, en lugar do proceso actual no que o ente provincial decide que subvencionar e eran os municipios os que debían adaptarse. “A política de agora decidimos facer un campo de fútbol e poñemos un campo de fútbol en cada concello é un despropósito. Son os concellos os que deben decidir e, desde as deputacións, proceder á transferencia directa de recursos”, explicou.
O acordo marco aposta por superar o “presidencialismo”na toma de decisión e reforzar os órganos colexiados, -xunta de portavoces e plenarios-, e inclúe a modificación do regulamento interno para garantir a participación de todos os grupos políticos. Ademais, suprímese o uso discrecional de fondos por parte da presidencia “para facer favores”. A preguntas dos medios, Sanmartín explicou que o BNG mantén a súa aspiración á presidir a Deputación da Coruña ao entender que contribuiría a “visivilizar” a nova etapa e a “garantir” o cambio radical que se recolle no programa.
Lembrou ao PSdeG-PSOE que os tempos das “imposicións unilaterais” pasaron e, no caso da Coruña, hai outras forzas políticas alternativas ao PP, -nomeadamente Marea Atlántica con tres representantes-, que deben pronunciarse sobre as súas preferencias para presidir a deputación, toda vez que a coincidencia programática é case total.
“Marea Atlántica comunicounos que tomarán unha decisión en asemblea e manifestou o seu acordo na práctica totalidade do contido do programa marco. Falta saber se consideran de interese que sexa o BNG quen leve adiante esa mudanza transformadora dunha maneira intensa e acelerada. A pelota está no seu tellado”, alegou Sanmartín.
En canto a distribución de recursos, será en base a criterios obxectivos, máxima transparencia e buscando o reequilibrio social e territorial, primando aos concellos de menos de 50.000 habitantes así como as actuacións supramunicipais e comarcais. Entre as medidas concretas, o acordo marco recolle a supresión de todos os plans provinciais que axuden ou subvencionen asociacións ou entidades con fins que son de competencia municipal.
R.