Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El presidente de la Xunta descarta un adelanto electoral en Galicia y asegura que pretende ejecutar los presupuestos de 2016

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, salientou que a convención que o PP celebra en Madrid servirá para “conectar o partido moito máis coa sociedade, escoitar o que a xente nos ten que dicir, moito máis que ata o de agora, presentar unha imaxe nova do partido e poñer o partido a punto para as elecións xerais que van ser nuns meses”.

Rueda manifestou que o Partido Popular “é moito máis que os nosos militantes ou simpatizantes, con ser estes a parte fundamental, e considerou que “non ten sentido non escoitar á sociedade e non ir por onde nos piden os cidadáns, empezando polos máis implicados que son os nosos simpatizantes”.

Respecto das eleccións en primarias dos dirixentes do PP, apuntou que “canto máis participe a mlitancia para decidir quen quere que dirixa os destinos do partido moitísimo mellor” e amosou a súa satisfacción porque “se vaia escoitar en serio á militancia e que sexa decisiva”.

Alfonso Rueda dixo que “en Galicia fomos os primeiros en darlle voz a militancia” e lembrou que o Presidente do Partido Popular de Galicia desde 2006, Alberto Núñez Feijóo, “é froito dun sistema de elección que pode ser moi achegado ao sistema de primarias que agora se plantexa aquí ou que plantexaron outros partidos”. Así, explicou que naquel congreso se presentaran catro candidatos e “a miliatancia falou e o elixiuno a el”.

“Deste xeito, cando Feijóo di que é froito dunhas primarias, creo que é a mellor mostra que é así e creo que foi un acerto despois de nove a anos da súa traxectoria como Presidente e o tempo que leva o Partido Popular de Galicia no goberno”, sinalou.

O secretario xeral do PPdeG engadiu “queremos seguir sendo un partido de Goberno en España, igual que en Galicia”, polo que “é necesario facer este tipo de xuntanzas onde, sobre todo, escoitar aos de fora, aos que siguen confiando no Partido Popular para seguir dirixindo os destinos da sociedade española, que queren que lles escoitemos para dicirnos as cousas que estamos facendo ben e que temos que seguir, e as cousas que temos que corrixir para seguir nesa primera posición.”

Alfonso Rueda lembrou que en Galicia está previsto facer unha proposta similar, “unha ponencia centrada en Galicia e co obxectivo de seguir sendo o partido que elixa o destino dos galegos”. “Esta xuntanza nos ven moi ben para escoitar e para estar en sintonía coa militancia do noso partido e a sociedade en xeral”, rematou.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PPdeG
R.