Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Ganaderos gallegos reclaman medidas urgentes en contra del precio ruinoso de la leche

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, asegurou no transcurso dunha entrevista na Televisión de Galicia e, posteriormente, en declaracións á Televisión Española, que o sector lácteo é prioritario para a Xunta de Galicia e que ven traballando dende fai máis dun ano en incorporar medidas específicas destinadas a este sector ao abeiro do novo Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia, onde se contemplan 500 millóns de euros destinados ao sector lácteo galego.

A conselleira asegurou que no futuro PDR se contempla un incremento de axudas tan importantes como son as destinadas ás explotacións ubicadas en zonas con limitacións naturais, que pasan dos 52 aos 116 millóns de euros. A maiores destinaranse ata 68 millóns de euros ao fomento da agricultura ecolóxica, 130 millóns para apoiar novos investimentos en modernización de explotacións, 35 millóns para desenvolvemento de explotacións e instalación de agricultores mozos ou ata 80 millóns para axudar ao desenvolvemento de novos produtos para a transformación/comercialización. Así, ata completar preto de 500 millóns en axudas das que se poderá beneficiar o sector lácteo.

A maiores, Rosa Quintana destacou que, dende o pasado mes de outubro ata o 30 de xuño deste ano, se levan invertido no sector lácteo 95,5 millóns de euros en axudas directas, que xunto con outras liñas tales como a incorporación de mozos á agricultura ou axudas á modernización fan un montante de 116 millóns de euros. Rosa Quintana sinalou que o seu departamento leva traballando en beneficio do sector lácteo galego dende que entrou no Goberno en 2009 e insistiu en que “se somos capaces de equilibrar a oferta e a demanda conseguiremos ter unhas explotacións que sexan máis sustentables, que é o noso obxectivo prioritario”.

A conselleira lembrou que o sector lácteo está a atravesar un momento de transición que marca un punto de inflexión, logo de 30 anos cun sistema implantado no que se acotaba a produción. Rosa Quintana sinalou que agora o escenario é de liberalización europea, onde se incrementou a produción en todos os países mentres que a demanda descendeu tamén de forma xeralizada. Neste senso, a conselleira destacou que xa se está a traballar xunto coas consellerías de Sanidade e Educación nun programa de fomento de consumo do leite para variar esta tendencia.

A pesar deste escenario, Rosa Quintana advertiu de que non hai ningunha explotación a que non se lle recolla o leite e que o 56% da produción cobra o produto a 29,6 cts/litro. Neste senso, remarcou que na primavera de 2009 o prezo medio aboado aos produtores era de 25,2 cts/l mentres que agora é de 28,4 cts/l, polo que “a pesar de estar atravesando un momento complicado non é certo que sexa o peor, aínda que alguén esté intentando facelo ver así e non sabemos con qué interese”.

A conselleira pediulle ao sector tranquilidade porque para o Goberno da Xunta o lácteo é unha prioridade e insistiu en que as protestas non serven para solucionar os problemas, senón que é preciso traballar unidos e cumprir cada quen o seu papel con responsabilidade.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG apoiou cunha ampla representación encabezada polo portavoz nacional, Xavier Vence, a manifestación en defensa do sector leiteiro en situación crítica polos prezos por baixo de custe que impoñen a industria e as cadeas de distribución. E iso, ante a indiferenza da Xunta e de Madrid que se limitan a ser “cómplices” das políticas que marca Bruxelas.

“Temos que frear este abandono e iso require unha estratexia do goberno galego de defensa das explotacións fronte a industria transformadora e as distribuidoras, e dunha política comprometida coa dinamización do rural, coas nosas explotacións leiteiras que están sendo extorsionadas e espoliadas pola distribución e pola industria”, explicou Vence.

Neste sentido, o Bloque considera que é o momento de que a cidadanía reaccione para manter un rural vivo, que a Xunta se comprometa a defender ao sector fronte a industria e as cadeas de distribución “que están actuando como auténticos capos que extorsionan ao sector impoñendo prezos a perdas que levan ao peche ás 9.000 explotacións leiteiras galegas”, denunciou o dirixente nacionalista.

A esta situación súmanse as políticas impostas desde a UE, “dándolle a puntilla ao que queda do noso sector leiteiro e do sector agrario”, advirte Vence, quen instaba a Feijóo a defender ao sector.

“Ten que deixar de facer mutis polo foro como senón fora con el, debe encabezar unha estratexia de defensa do sector porque a Xunta non pode permanecer impasible ante este proceso de desmantelamento”, cuxas consecuencias son inmediatas. “A terra que queda abandonada, o rural que queda abandonado é pasto dos incendios que xa estamos vendo estes días por todo o país”, advertiu.

O alcalde de Boimorto, Xosé Luis Rivas, Mini, expresou a súa preocupación como rexedor dun concello rura,l onde o sector leiteiro e clave para o futuro do municipio. “A xente está desesperada, a situación é tal que lle fan diminuír a produción de leite ata un 40%, produtores de 5.000 litros diarios están recortando en 600 litros, e isto supón secar vacas, matar vacas e vender vacas nun mercado que xa está saturado. Supón unha hecatombe, é moi serio, moito máis do que se pensa”, describiu. O alcalde nacionalista confía en que a manifestación sexa o punto de partida para a defensa conxunta do sector. “Espero que sexa o principio, porque se só é o final de algo, entón o sector está morto”, concluíu instando aos medios “a ser a voz, non dos políticos, senón dos gandeiros e gandeiras, dos produtores que as están pasando canutas”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, demandoulle á Xunta presidida por Alberto Núñez Feijóo “unha solución política para un problema político como é o do sector lácteo, que está nunha situación dramática”.

O líder do PSdeG participou en Santiago na manifestación en defensa do sector lácteo, xunto a numerosos alcaldes, deputados e cargos orgánicos dos socialistas galegos. “Estamos aquí para trasladar o noso máximo apoio a unha reivindicación tan nosa”, manifestou.

“Foi Feijóo o que dixo que cando se liberalizasen e desapareceran as cuotas lácteas, Galicia tería una maior capacidade para recoller e prezos competitivos, pero o que pasou foi todo o contrario e non hai capacidade para intervir neses prezos por parte da Xunta”, apuntou Besteiro.

“Somos os maiores produtores de leite de España, pero os produtores venden ao prezo máis barato, é incomprensible, un sector estratéxico necesita un goberno que defenda os intereses dos veciños, dos cidadáns, neste caso dos produtores”, aseverou o secretario xeral do PSdeG.

“A situación é dramática, con serios riscos de deslocalización industrial e problemas na distribución, a solución está en mans da Xunta, que debe facer algo ou polo contrario recoñecer que é incapaz de tomar medidas, o lácteo e o mundo rural son un patrimonio de Galicia”, engadiu.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
R.