El paro baja en Galicia un 8.4% en el 2º trimestre de 2015. La Xunta pagará a las agencias de colocación por cada parado a quien encuentren empleo

O titular da Xunta destacou a decisión de que as axencias de colocación poderán ser entes colaboradores do Servizo Público de Emprego de Galicia a partir do mes de outubro.
Máis polo miúdo, o presidente do Executivo galego explicou que este acordo, que se realiza ao abeiro do acordo marco estatal, ten como principal obxectivo ampliar a intermediación no mercado laboral do colectivo de desempregados con especiais dificultades de inserción.
Os destinatarios desta medida serán: os beneficiarios do programa Activa ou maiores de 45 anos con máis de dous anos de desemprego; os desempregados de entre 26 e 44 anos con menos de 6 meses de desemprego; os beneficiarios da RISGA, maiores de 45 anos e con máis de 2 anos de desemprego; os menores de 25 anos con formación e menos de 6 meses de desemprego, e as persoas de entre 45 e 54 anos con menos de seis meses de desemprego.
Feijóo precisou que o Servizo Público de Emprego de Galicia será o encargado de coordinar todo o proceso e seguilo directamente: “Así –explicou-, será o Servizo Público de Emprego o que remita aos desempregados ás axencias; e, estes recibirán unha atención integral, que comprenderá calquera actuación (orientación, formación, intermediación...) que sexa positiva para o seu acceso ao mercado laboral”.
De acordo co que se establece nos pregos de contratación, a Xunta aboará unha contía por cada contrato obtido, sempre que este sume un total de 6 meses nun período de 8, ou no período dun ano para o caso dos traballadores fixos discontinuos.
Para este programa, a Xunta conta cunha partida de 4,9 millóns de euros. E, poderán optar a este programa as axencias autorizadas polo Estado que teñan un centro aberto en Galicia e que presentaran declaración responsable a 30 de abril (en total, neste momento son 22).
Feijóo afirmou que con esta iniciativa ábrese unha nova posibilidade de apoio para as persoas que queren traballar e non poden, coa supervisión do Servizo Público de Emprego.
Por outra parte, Feijóo anunciou unha nova ampliación dos recursos para atender aos beneficiarios da Risga e a decisión de axilizar os mecanismos para resolver as solicitudes.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O portavoz dos populares galegos, Miguel Tellado, pon en valor que o paro en Galicia baixe 8,43 puntos, tres máis que a media estatal, segundo amosa a Enquisa de Poboación Activa (EPA), publicada polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
Tellado sinalou que na nosa comunidade o desemprego descendeu en 23.200 persoas, unha evolución mellor que no resto do conxunto de España, onde o descenso rexistrado no segundo trimestre foi dun 5,4%, é dicir, un total de 295.600 persoas con respecto ao primeiro do ano.
Deste xeito,o número de parados en Galicia sitúase en 252.500 persoas o que supón que, en relación co segundo trimestre de 2014, a comunidade reduciu a cifra de parados en 31.900 persoas e incrementou a ocupación en 18.400 empregados.
Tellado lembra que os datos da EPA confirman a mellora progresiva e constante do comportamento que segue o desemprego en Galicia.
De todos os xeitos, o voceiro popular recordou que no que se refire ao conxunto de España, no último ano, o paro reduciuse un 8,4%, con 473.900 desempregados menos.
Segundo Tellado, todas estas cifras demostran que tanto Galicia como España seguen camiñando pola senda dunha recuperación económica que está cada vez máis preto.
Así mesmo, o portavoz popular salientou que todos os esforzos realizados a nivel económico por parte do Goberno de Feijóo e do Goberno de Rajoy están dando os seus froitos, tal e como reflicten os datos macroeconómicos, especialmente, os que máis preocupan aos populares, que son os do paro.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de UGT-Galicia:
Os datos referidos ao comportamento do desemprego no segunto trimestre de 2015 son bos, en canto ao descenso do número de parados, tanto no trimestre como en relación a hai un ano, aínda que son moitas as outras variables analizadas que reflicten un mercado laboral contraído, marcado pola precariedade, no que se cronifican as situacións de desemprego para moitas persoas e xa son moitos os fogares que carecen de ingresos, aumentando en relación a hai un ano.
Por todo isto, UGT-Galicia considera que non son momentos de triunfalismos, hai que seguir traballando para que se cree máis emprego, que este sexa de calidade, evitando as situacións de pobreza laboral que cada día son máis frecuentes e garantir as taxas de protección social necesarias para que non continúen medrando conxunturas para os fogares marcadas polas grandes dificultades, incluso, chegando a situacións de pobreza.
Concretando as cifras que nos arroxa hoxe a EPA, esta amosa que medra a ocupación, nun 2,27 por cento, 22.400 persoas ocupadas máis, en relación ao primeiro trimestre do ano. Do mesmo xeito que sucede no Estado, onde crece un 2,36 por cento máis. En relación a hai un ano, o segundo trimestre de 2014, a ocupación sube un 1,85 por cento, 18.400 persoas máis, mentres no Estado medra máis acusadamente, un 2,96 por cento máis.
Así, en Galicia hai 1.009.900 ocupados, o que supón unha taxa do 42,8 por cento, aínda moi afastada dos valores superiores ao 50 por cento que se rexistraban antes da crise.
R.