Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El manifiesto político del PPdeG tras el 24-M apuesta por el relevo generacional y la dureza frente a los casos de corrupción

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O coordinador do equipo redactor, José Manuel Rey, afirmou que o PPdeG quere gobernar para os galegos e cos galegos. Esta declaración foi recollida na súa comparecencia en rolda de prensa para presentar o Manifesto Político que servirá de prólogo na Ponencia que os populares galegos darán a coñecer este xoves en Santiago en Santiago de Compostela .

Segundo o coordinador, a principal virtualidade desta Ponencia é a súa elaboración participativa tralos resultados electorais do 24 de maio. Neste sentido, Rey recordou que o texto foi creado a partir de centos de aportacións para definir cambios nas formas de facer política e nas actitudes dos políticos do principal partido de Galicia.

O político popular afirmou que só se podían facer dúas cousas “non facer nada ou abrir un proceso de reflexión para seguir achegándonos máis o que pensan moitos galegos con esa ambición do PPdeG de seguir representando á maioría”.

“Este documento plasma a sensibilidade necesaria que temos que marcar cara os novos tempos, a nosa vocación como forza política é contribuír ao avance de Galicia e ao aumento da calidade de vida do conxunto da cidadanía” declarou Rey.

Ademais, o coordinador incidiu en que o Manifesto reflicte os valores fundamentais do seu partido pois “somos un partido galeguista comprometido co desenvolvemento de Galicia e o noso galeguismo representa a nosa particular forma de ser españois”, incidiu.

O popular tamén asegurou que “somos un partido de profundas conviccións municipalistas xa que o municipio é a Administración máis cercana ao cidadá, por onde entran a maior parte de peticións por parte dos cidadáns”.

Por outras parte, José Manuel Rey afirmou que o PPdeG é un proxecto político reformista e centrista: “centrista porque a nosa aspiración é fuxir da radicalización e dos extremismos, e reformista porque sabemos que a nosa sociedade está en permanente cambio e os proxectos políticos tamén se teñen que adaptar a ese cambios permanentes se queren seguir tendo resultados positivos”, apuntou.

Para Rey, outro dos principios fundamentais é a tolerancia cero coa corrupción para ser merecedores da confianza dos galegos e para o que deben “endurecer a nosa posición respecto a aqueles que caen en condutas impropias e que non son dignos de representar aos cidadáns nin a estas siglas”, declarou.

Outras das características que o coordinador do equipo redactor salientou é que son un partido transversal e interxeracional polo que “temos que promover unha maior participación dos mozos e mozas na vida pública”.

Por outra parte, Rey Varela considera que “nunha democracia na que ninguén dubida da lexitimidade das nosas institucións, tamén é preciso introducir cambios para que esa lexitimidade sexa exercida diariamente polos nosos representantes”.

En relación a esta idea, o coordinador recordou algunhas das propostas presentadas nos últimos días e que tratan que os cargos do PPdeG estean máis achegados á sociedade como as Oficinas de atención ao cidadán e o contacto coas entidades no territorio no que cada un dos representantes públicos traballa.

O obxectivo é -para Rey- que calquera galego poida falar cun cargo público do Partido Popular e que estes, á súa vez, teñan que dar contas aos comités executivos, ás bases do partido e aos seus electores. Todo isto suporía unha maior cercanía xa que “calquera cargo público ten que ter aspiración de parecerse máis a calquera cidadán, de aí a nosa proposta de eliminar os aforamentos dos cargos do Parlamento de Galicia e a idea de promover as auditorías internas previas á designación dos cargos públicos”.

No remate da súa comparecencia, José Manuel Rey lembrou que o resto das propostas íntegras coñeceranse na presentación da Ponencia Política este xoves en Santiago de Compostela.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PPdeG
R.