Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El BNG intenta forzar la comparecencia parlamentaria de Núñez Feijóo para explicar las políticas contra incendios y el sector lácteo

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

Francisco Jorquera anuncia que o BNG pedirá ao resto dos grupos da oposición que asinen, conxuntamente co BNG, unha solicitude de pleno extraordinario para que compareza Feijóo e explique que medidas vai adoptar sobre os incendios e o Sector lácteo.

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera compareceu ante os medios de comunicación, xunto a deputada e portavoz de Montes, Tereixa Paz. O nacionalista reprobou o acontecido onte na Deputación permanente que ademais cualificou de “inaudito” por ter celebrado a reunión o ultimo día de agosto “sen posibilidade material” para convocar un pleno extraordinario como tiñan solicitado varios grupos da oposición e sumou o seu malestar ao calendario aprobado para o mes de setembro cun pleno nos días 15 e 16 porque “rompe a norma” de que o primeiro pleno ordinario do curso parlamentario se celebre na segunda semana de setembro.

Por outra parte, engadiu, vénse de aprobar “de cara á galería” unha reforma do regulamento que amplía o período de sesións e agora resulta, que o pleno non se vai celebrar ata a segunda quincena de setembro, “mes e medio despois da anterior sesión plenaria”.

A consecuencia, recalcou é que o País está ardendo. Só o incendio de Cualedro queimou mais Hectáreas que os incendios do ano 2014 e o noso campo está en pé ante a situación límite do sector lácteo mentres o Parlamento continúa “ausente”.

O PP anula o Parlamento galego para evitar que o Sr. Feijóo “dea a cara” e para encubrir o fracaso manifesto das súas políticas. É certo que hai incendiarios e políticas neglixentes, explicou o nacionalista, pero tamén hai “políticas incendiarias” que incentivan o abandono do campo e a prevención ao que hai que engadir a privatización do dispositivo contra incendios. Estas son as causas que explican que os lumes en Galiza sexa un problema estrutural, remarcou o deputado.

Sobre o sector leiteiro, explicou que o Goberno galego apela a que é ilegal fixar un prezo mínimo do leite en orixe pero tamén é ilegal que as grandes superficies utilicen o leite como produto reclamo ou que as industrias concerten prezos e denunciou que tanto o Goberno galego como o central seguen instalados na “inacción total e absoluta”.

Pola súa parte, a deputada Tereixa Paz considerou que a única maneira de facer un debate serio sobre os incendios forestais e facelo nun pleno con datos obxectivos para formular propostas encamiñadas a resolver a situación.

O Goberno da Xunta non pode seguir mantendo que estamos ante un problema de orde pública e incendiarios, existen situacións estruturais vinculadas co abandono e unha política forestal que cubre as necesidades de eucaliptos dunha soa empresa en Galiza pero non está orientada a crear riqueza nin a diversificar a produción forestal.tEREIXA

En tan só 6 incendios forestais na fin de semana e contando con todo o dispositivo ao completo, e que nos “custará máis cartos” que en anteriores ocasións, produciuse un dos días máis aciagos coa superficie queimada de 3.000 ha nun incendio e máis de 1.000 nos restantes na provincia de Ourense.

Algo faia no dispositivo, dixo a deputada facéndose eco das denuncias dos propios traballadores. Hai polo tanto elementos suficientes para que se debata este problema no Parlamento.
R.