Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

AGE pide la dimisión de la conselleira de Sanidade y el Sergas niega que la paciente falleciera tras infectarse en el hospital de Vigo

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de AGE:

O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixiu o “cese fulminante” da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, pola súa “nefasta xestión” ante o primeiro falecemento dunha muller no Novo Hospital de Vigo que deu positivo en Asperxilus, e polas continuas deficiencias e irregularidades detectadas neste centro hospitalario.

A deputada de AGE, Eva Solla, criticou a reacción da Consellería que pese a coñecer a nova do falecemento desde primeira hora de onte e actuar como sería propio dunha administración responsable informando e paralizando todos os traslados, “o que fixeron foi ocultar a información ata que saíu nos medios de comunicación e foi entón cando botaron man do relato xa construído para dicir que se podía ter contaxiado fora do hospital”. Unha actitude irresponsable e vergoñenta impropia da máxima responsable da sanidade no noso país que debe supor a súa substitución inmediata. Así mesmo, a deputada de AGE destacou a necesidade de que o propio presidente da Xunta de Galicia compareza de xeito urxente no Parlamento de Galicia para dar explicacións das continuas irregularidades e deficiencias que se están a suceder diariamente no novo hospital. “A conselleira é xa un cadáver político e ten que dimitir ou ser cesada fulminantemente polo presidente Núñez Feijóo que ten a obriga de comparecer na Cámara e dar as explicacións que sexan necesarias” afirmou a deputada Eva Solla.

Ante a grave situación que se está a dar e os riscos evidentes para a saúde dos usuarios e usuarias, o grupo parlamentar de AGE considera preciso que se paralicen todos os traslados ao hospital Álvaro Cunqueiro así como baleirar o novo centro ata garantir ao cen por cen a seguridade no mesmo.

A petición formulada por AGE na que instaba ao Parlamento de Galicia a crear unha comisión de investigación para esclarecer todas as irregularidades detectadas desde o principio no Novo Hospital de Vigo, toma a día de hoxe máis forza. A deputada de AGE, Eva Solla, insistiu na necesidade de chegar ao fondo e depurar responsabilidades entre outros temas coa adxudicación a unha empresa dun ex alto cargo do PP, creada catro meses antes e con domicilio na propia vivenda desta persoa, e a que se lle pagará 4 millóns de euros por se encargar entre outras cousas da calidade e dos traslados ao novo cento. Un novo caso de “porta xiratoria aos que xa nos teñen acostumados o Partido Popular” nesta ocasión na adxudicación do Novo Hospital.

As irregularidades do Novo Hospital de Vigo foron denunciadas polo grupo parlamentar de AGE desde a súa chegada ao Parlamento de Galicia. Incumprimentos de prazos, irregularidades, ou as intolerables rebaixas nas calidades son algúns das cuestións denunciadas polo grupo parlamentar ao longo do tempo. Unhas denuncias que agora se están a demostrar coas continuas incidencias e problemas que se están a dar no hospital.
R.