La conselleira de Medio Rural se reúne en Lugo con los ganaderos mientras preparan la tractorada que arranca el lunes 7 de septiembre en Santiago

A Organización de Productores de Leche de España (OPL) e a Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego denuncian a actitude da Conselleira de Medio Rural, que aseguran intenta debilitar ao sector lácteo. O coordinador da OPL e membro da Plataforma, Anxo Escariz, critica que "lonxe de permanecer ao lado dos gandeiros, defendendo o que tan xustamente pedimos e aplaudindo a unión do sector produtor que estamos conseguindo con moito esforzo, busca e case consigue o seu obxectivo: enfrontar aos gandeiros".
Así mesmo, Escariz, lanza unha mensaxe para os gandeiros da provincia lucense "non vos deixedes enganar coas mentiras da conselleira, o noso obxectivo está claro: encher Compostela con 5.000 tractores!". Advirte que o camiño é longo e difícil, "levamos todo o mes de agosto mobilizando as comarcas leiteiras, pero temos que ter claro que esta foi a única maneira de conseguir a atención do Ministerio de Agricultura, para que poña algo da súa parte para conseguir un acordo entre industria e distribución. Pero aínda non é suficiente, fai falta moito máis para sacar a flote ao sector do leite".
O coordinador da OPL convida aos gandeiros a manterse firmes e a "ter claro que a folla de ruta é longa e non acaba en Compostela. As arroutadas nunca nos axudaron. A gran maioría dos colectivos galegos apoian a nosa causa e xuntos podemos dobregar os poderes políticos para que fagan o seu traballo: defender a economía do noso rural".
Programa de actos previstos para Compostela:
7 de setembro:
12 h.: Chegada de tractores a Salgueiriños.
12:30 h.: Percorrido cos tractores polas seguintes rúas:
S. Caetano, Avda. Castelao, Vista Alegre, Salvadas, Galeras, S. Lorenzo, Mestre Mateo, Romero Donallo, Hórreo, Avda. de Lugo, Rodríguez de Viguri, Camiño Francés, Irmandiños, Salgueiriños.
8 de setembro:
12 h.: Concentración de tractores nas rúas lindeiras a Área Central e ao Centro Comercial As Cancelas, con reparto gratuíto de leite.
9 de setembro:
12 h.: Concentración de tractores nas rúas lindeiras ao edificio da Xunta de Galicia, en San Caetano.
16 h.: Reparto de leite gratuíto na Praza Roxa.
10 de setembro:
12 h.: Manifestación a pé, saíndo da Alameda e concentración diante do edificio da Xunta de Galicia, en San Caetano.
Dende a OPL e da Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego recordan aos participantes que “a finalidade é chamar a atención da Administración sen causar alteracións da orde pública”.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, lamentou en Lugo que “Núñez Feijóo non aprenda dos seus erros e siga sen involucrarse e liderar a profunda crise do sector lácteo galego”.
O líder do PSdeG encabezou a delegación socialista na manifestación en defensa do lácteo galego e, en declaracións aos medios de comunicación, manifestou que “este sector é unha parte moi importante na economía da provincia de Lugo e do conxunto de Galicia”.
“O sector está mobilizado na loita polo seu futuro, sufrindo a ameaza continua do peche explotacións e nunha crise profunda mentres o goberno da Xunta e o ministerio non aportan solucions; noutros países toman medidas estruturais, aquí so hai desidia”, afirmou.
Besteiro aseverou que “a Xunta fallou nas súas previsións, dixeron que non habería problemas coa saída das cotas e a realidade é moi diferente, pero non lle preocupa nin lle ocupa”.
“En Lugo tiñamos un proxecto serio de vinte cooperativas para crear valor engadido e a alternativa de Feijóo, Alimentos Lácteos, foi un fiasco”, dixo o secretario xeral do PSdeG, que rexeita “as pequenas axudas que non serven para arranxar o problema”.

Fotografías: Carlos Rodríguez Arias.
R.