Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Martiño Noriega se declara optimista sobre la creación de una candidatura gallega a las elecciones generales

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

O alcalde de Santiago fixo balance dos primeiros cen días do seu goberno, dos que salientou a volta á normalidade no Concello. Martiño Noriega explicou que, nestes meses, o seu executivo logrou recuperar a confianza dos cidadáns na administración que lles é máis próxima, grazas á recuperación da interlocución cos barrios e parroquias, a través do seu tecido asociativo, para recoller as necesidades e demandas, moitas delas pendentes desde antes do ano 2011. O rexedor tamén falou da mellora das relacións internas no Concello.

Nestes cen días, o goberno tamén elaborou unha auditoría interna para coñecer a situación das arcas municipais. Martiño Noriega destacou como aspecto positivo a liquidez das contas, pero lembrou que os informes desvelaron o incumprimento do teito de gasto. Nesta liña, o alcalde incidiu na vontade de transparencia do goberno na xestión financeira, que se está a traducir en medidas como a publicación de informes trimestrais.

Fotografía:Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:
R.