Galicia reclama con unanimidad política la trasferencia de la titularidad de la autopista AP-9

O Grupo Popular apoiou a aprobación da proposición non de lei que solicita a transferencia da titularidade da AP-9 á Xunta de Galicia. “En aras á coherencia política, reiteramos esta solicitude que vimos defendendo desde o ano 2007, cando presentamos unha proposición neste Parlamento que foi rexeitada por socialistas e nacionalistas”, indicou o portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso.
Na súa intervención no Pleno, Gómez Alonso sinalou que para o Partido Popular “as políticas de infraestruturas sempre constituíron un elemento clave para a competitividade da nosa economía, a vertebración e a cohesión territorial, fronte a nacionalistas e socialistas para quen non son máis ca unha escusa e un parapeto para facer anuncios electorais”.
O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación da proposición non de lei que solicita a transferencia da titularidade da AP-9 á Xunta de Galicia. “En aras á coherencia política, reiteramos esta solicitude que vimos defendendo desde o ano 2007, cando presentamos unha proposición neste Parlamento que foi rexeitada por socialistas e nacionalistas”, indicou o portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Alejandro Gómez Alonso.
Na súa intervención no Pleno, Gómez Alonso sinalou que para o Partido Popular “as políticas de infraestruturas sempre constituíron un elemento clave para a competitividade da nosa economía, a vertebración e a cohesión territorial, fronte a nacionalistas e socialistas para quen non son máis ca unha escusa e un parapeto para facer anuncios electorais”.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:
A deputada do BNG, Ana Pontón denunciou que AP-9 é unha mostra da privatización de Aznar das infraestruturas e unha “hipoteca moi cara ” que pagamos todos os galegos e galegas e congratulouse do voto favorable do PP á Proposición de lei nacionalista que reclamaba a súatranfesrencia á Xunta de Galiza.
A Proposición de lei defendida pola deputada do BNG, Ana Pontón para reclamar ante o Congreso a transferencia da titularidade pública e competencia da AP-9 á Xunta de Galiza acadou a “unanimidade da Cámara galega”.
No debate, a parlamentaria argumentou que a transferencia da AP-9 “ten transcendencia política para Galiza” e hoxe, dixo, podemos dar pasos para que a transferencia sexa unha realidade, despois de tantos anos de debater esta cuestión, podemos pasar aos feitos e converter en “realidade o que defendemos con ideas” polo que se congratulou do anuncio do Partido popular de apoiar a iniciativa do BNG.
Dende o Bloque Nacionalista galego, explicou, consideramos ilóxico que Galiza, con competencias en materia de infraestruturas, “manteña a AP-9 como unha infraestrutura estatal”, e para nós é un símbolo do “agravio” de como gobernan o noso país dende Madrid.
A parlamentaria criticou que Feijóo, “tan preocupado co que sucede en Cataluña” non se preocupe da aldraxe que supón para Galiza manter AP-9. Resulta unha mostra, afirmou, de como os gobernos centrais aplican un “rol colonial” no que os galegos e as galegas somos pagadores dos beneficios de grandes grupos empresarias e AP-9 é a evidencia da privatización das infraestruturas levadas a cabo por Aznar en contra dos intereses xerais. “Hoxe temos unha hipoteca para o noso desenvolvemento que nos sae moi cara” e hoxe tamén temos a oportunidade de que a AP-9 dependa dos galegos e galegas e non das decisións arbitrarias do Goberno de Madrid.
A AP-9, explicou, é unha infraestrutura con 219 Qm, clave nunha franxa importante do noso país. Comunica cinco das sete cidades galegas e unha infraestrutura que ten moito que ver coa mobilidade e o impacto nas actividades económicas.
A deputada congratulouse, que nesta ocasión a Cámara galega derá luz verde, por unanimidade, á reclamación do BNG ante o Congreso para transferir AP-9 á Xunta de Galiza.
R.