Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El BNG denuncia que el legado de Feijóo será poner la sede social de Galicia en Madrid. El presidente gallego rechaza importar experimentos independentistas de Cataluña

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O portavoz do BNG no Parlamento acusou a Feijóo de “manter a boca calada” e pregarse ás decisións do Goberno de Rajoy contrarias aos intereses dos sectores produtivos galegos.

Para o portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera, Feijóo converteu o Goberno galego en “correa de transmisión do Goberno de Rajoy” e acusouno de non conseguir “unha soa competencia” nin exercer as que tiña. O seu “legado é poñer a Sede Social de Galiza en Madrid”.

Tras darlle a benvida en catalán, Jorquera lembrou que na última sesión de control o presidente non respondeu ás preguntas sobre o sector leiteiro porque preferiu falar de Catalunya, resposta, sorprendente pola súa “repentina inmersión Lingüística no catalán”, ironizou o deputado.Pero sobre todo, sorprendeume que nos últimos tempo lembrara o “espírito da aldraxe” cando afirmou que de reformarse a Constitución para ampliar os dereitos de Catalunya, “Galiza volvería facerse ouvir”, en fin, que vostede só vai defender a Galiza cando outros defendan os seus dereitos, “un espectador do que outros propoñan”.

O Goberno galego é submiso con Madrid e acabámolo de ver co leite. Temos competencias exclusivas en agricultura pero vostede dixo amén ao que decidiu Madrid. Neste sentido, explicou que o decreto publicado onte establece que os gandeiros galegos para cobrar os 300 euros de axudas deben cobrar 0,24 céntimos o litro de leite mentres que os andaluces o cobrarán 0,31 céntimos e preguntou se non considera que Galiza é novamente “discriminada”, cuestión á que Feijóo non respondeu.

O parlamentario do BNG volveu a acusar a Núñez Feijoo de “usar as institucións de autogoberno para o fin contrario polo que foron creadas”. O problema de Galiza, recalcou é a submisión do seu Goberno ás decisións de Madrid defendendo un acordo para o noso leite que non garante prezos dignos, non anula os contratos lixo en vigor nin sanciona aos incumpridores.

Por outra parte, Jorquera tamén aludiu a perda de 8.000 millóns de euros co novo sistema de financiamento do que dixo, “vostede tampouco se fixo ouvir”, a pesar de que outras comunidades reclaman a súa revisión e concretan as súas propostas.

Tamén permanece calado ante o posible peche de empresas polo custe da electricidade sendo Galiza unha potencia eléctrica, ante os datos do Banco de España que confirman o espolio do aforro galego e o retroceso do crédito ou que Navantia contrate catro petroleiros que se construíran en Cádiz e para Ferrol “as migallas”.

Vostede, concluíu, está vendendo o País por parcelas, R mercada por Euskatel, PHARMAMAR traslada a súa sede social a Madrid e mentres isto ocorre, o “presidente da Xunta segue sen facerse ouvir”.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
R.