Los socialistas gallegos piden que se ralentice la implantación de la LOMCE para evitar una insubordinación de la comunidad educativa

Os socialistas galegos demandaron no pleno do Parlamento “a ralentización na implantación da LOMCE para evitar a insubordinación da comunidade educativa galega”. “Non hai precedente na nosa historia democrática de implantación dunha lei de maneira tan precipitada, caótica e temeraria”, asegurou Vicente Docasar.
Na defensa dunha proposición non de lei, rexeitada polo Partido Popular, o portavoz de Educación do PSdeG manifestou “que co cambio de goberno nas eleccións xerais chegará o momento de facer una nova lei con amplo consenso social e político”.
“Na comunidade educativa ten concitado unha gran controversia o calendario precipitado e chapuceiro de implantación da lei e dos novos currículos de Primaria, ESO, Bacharelato e FP básica, así como a política de libros de texto ou o inicio das reválidas, con todo o que iso conlevou a efectos de organización e funcionamento dos centros educativos”, apuntou.
Docasar lembrou que “o grupo socialista advertiulle neste mesmo Parlamento en xuño ao conselleiro Román Rodríguez que serían numerosos os problemas organizativos da implantación da LOMCE e os feitos veñen agora a darnos tristemente a razón”.
“Co cambio de goberno en decembro chegará o momento tamén de iniciar o camiño para alcanzar en oito anos un investimento educativo do 7% do PIB, tal e como ten prometido o noso candidato á presidencia, Pedro Sánchez”, dixo o deputado socialista.
“A LOMCE supuxo un ataque directo na liña de flotación da escola pública deste país, polo que pedimos que ralenticen o calendario de implantación e que negocien co resto de comunidades autónomas esta cuestión, e pedimos tamén que cumpran mentres tanto o artigo 122 da propia LOMCE, se queren propiciar en serio a autonomía de xestión dos centros que tanto proclaman coa boca pequena”, e que no fondo só practican cando lles “empluman” no inverno a xestións dos temporais e das chamadas “cicloxénese explosiva”.
R.