Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PsdeG condena los últimos actos de violencia contra las mujeres y apoya la marcha del 7N en Madrid

Notas de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, cualificou de “sarcasmo” que Feijóo “fale agora de combater ás desigualdades cando as ten provocado ata o extremo”. Así o dixo na rolda de prensa posterior á Xunta de Portavoces previa ao debate do Estado da Autonomía que se celebrará na vindeira semana.

O responsable socialista advertiu que eludirá “debater sobre señuelos do goberno” na dita convocatoria, un debate no que se centrará en “contrapoñer a realidade duns galegos e galegas que hoxe están peor que en 2009 cos anuncios idílicos e declaracións pomposas do goberno galego”. “Galicia non vai ben”, resumiu, xa que tódolos indicadores sociais e económicos revelan un comportamento moito peor que no resto do Estado.

Lamentou que o presidente da Xunta se limite a “tapar que carece de política de dereitos sociais e igualdade” cambiando estas políticas por “parches e beneficencia”, que pouco poden facer contra un mercado laboral en serio deterioro e precarización, e as prestacións sociais desmanteladas polas políticas de Feijóo.

O responsable socialista abordou tamén os recentes cambios no goberno galego, que cualificou de “cosmética preelectoral”, por canto “non van acompañados de cambios nos Orzamentos ou condutas novidosas”. Méndez romeu criticou que, grazas ás políticas fiscais de Feijóo, en Galicia as rendas medias e baixas pagan hoxe mais impostos que a media estatal, mentres as rendas altas pagan menos que a media.

Criticou así o anuncio dunha rebaixa parcial do IRPF que non beneficiará ás rendas mais baixas –excluídas de presentar o imposto- “logo dunha reforma fiscal en beneficio das rendas mais altas”. Ademais, engadiu, o anuncio agocha deliberadamente que De Guindos ten pactado en Bruxelas unha nova batería de recortes sociais e de prestacións para o mes de xaneiro.

Acusou ao presidente da Xunta de utilizar ao goberno galego como “xoguete ao servizo das necesidades conxunturais do PP”, xa que procede agora a segregar consellerías previamente unificadas, pero “sen unha estrutura racional nin modificación orzamentaria”.

Así, desmonta a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, chamada a ser motor do desenvolvemento e convertida nun departamento “irrelevante dende o punto de vista dos investimentos”. Por unha parte unifica Infraestruturas e Vivenda, “cando en 2015 non hai unha soa actuación de vivenda nova e logo de facer desaparecer literalmente a política de vivenda pública”.

Por outra parte, crea a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación para darlle acubillo á anterior conselleira de Traballo e Benestar, “abrasada e incapacitada” nun departamento do que tivo que “saltar” porque “non tiña resultados”. Preguntou ademais ao presidente da Xunta “si non ten escoitado o clamor do sector da pesca contra a conselleira” que se empeña en manter, aínda que retirándolle a responsabilidade sobre o Medio Rural.

Finalmente, alertou sobre o nomeamento, á fronte da nova Consellería de Política Social, de quen fora presidente da Fegamp, un órgano dende o que “ou non quixo ou non foi quen de darlle traslado ás peticións feitas por tódolos alcaldes” de tódalas cores políticas críticas contra as decisións dos gobernos central e autonómico.

Contra a violencia

Os socialistas galegos queren facer pública a súa máis enérxica condena polos tres últimos asasinatos machistas en España, un deles en Vigo. Dende a secretaría de Igualdade do PSdeG, a súa responsable, Eva Martínez, manifesta o “rexeitamento absoluto das mulleres e homes do Partido Socialista e a profunda dor e indignación por unha violencia machista que, lonxe de erradicarse ou diminuir polo menos, está cada día máis presente na nosa sociedade”. Onte, ademais das tres vítimas mortais, a violencia de xénero deixou tamén en Zamora unha muller ferida de gravidade.

“Os datos de Galicia son dramáticos no que vai de ano, con catro mulleres asasinadas e dúas nenas; isto coloca a Galicia como unha das comunidades cun maior índice de vítimas mortais máis elevado de España e, polo tanto, debe obrigar ás administracións a poñer un maior empeño nas políticas de loita contra a violencia de xénero”, afirma.

A este respecto, Martínez aseverou que “non podemos tolerar máis recortes por parte da Xunta de Galicia en materia de Igualdade e, dun xeito específico, nas accións contra a violencia machista”, e reclamou a reposición de todas as partidas eliminadas polo PP nos ejercicios anteriores nos Orzamentos da Xunta de 2016 que están a piques de ser presentados.

“Hoxe máis que nunca facemos un chamamento á sociedade a comprometerse contra a violencia de xénero e a participar na Marcha do 7N contra a violencia machista en Madrid”, dixo a secretaria de Igualdade, que lembrou que o PSdeG se suma a esta iniciativa promovida polo movemento feminista.

No caso de Galicia, a organización corre a cargo da Plataforma Feminista Galega, na que se integra o PSdeG, que nestas semanas está a presentar en todos os concellos da comunidade autónoma e deputacións unha moción de apoio e adhesión á marcha.

Fotografía: PSdeG
R.