El rector de la USC prevé un 2016 con estrecheces económicas y reivindica la función social de la Universidad

“Temos a obriga de existir porque somos unha peza fundamental no crecemento de calquera sociedade e temos a obriga de adaptarnos ás necesidades que cada día nacen entre nós”. Con esta idea resumía o reitor da USC Juan Viaño a súa intervención na tribuna do Forum Europa que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos.
“Para converterse nun patrón de consolidación do futuro, unha universidade debe crear coñecemento, garantir que os seus estudantes aprendan as claves da súa disciplina e loitar porque o tecido produtivo avance cos mellores traballadores e coas mellores solucións aos problemas que xurdan cada día”, dixo. “Para poder xogar na liga de universidades de referencia mundial temos que deixar de falar todos os días de situación económica, de axustes e de Plan de Reequilibrio”, engadiu.
Nota de prensa de Nueva Economía Fórum Tribuna Galicia:
El rector de la Universidad de Santiago de Compostela (USC), Juan Viaño, alertó en el ‘Forum Europa. Tribuna Galicia’ contra la fuga de talento en “todos los niveles del saber” de Galicia y España. “Tenemos una generación de investigadores y profesores muy bien formados: hay que poner todos los mecanismos para intentar retenerlos porque su marcha es una sangría que este país no se puede permitir”, afirmó.
Viaño insistió en que la fuga de talento constituye un “riesgo real, grande”, que “puede colocar a nuestro país en una situación crítica”. “Harían falta décadas” para revertir esta pérdida, añadió en el citado encuentro informativo organizado en Santiago de Compostelo por Nueva Economía Fórum.
El rector compostelano apuntó que la Universidad no puede quedarse con todos sus doctores y egresados, por lo que solicitó “un esfuerzo global para retener a los mejores”. “Tenemos esa responsabilidad como país”, añadió.
En este sentido, hizo un llamamiento a la “implicación privada” y al “tejido industrial” para que apueste por la Universidad. Viaño señaló que entre los cometidos de la institución está el de responder a los desafíos económicos y sociales del entorno –en su caso citó el sector lácteo, los retos empresariales o la investigación médica– sin perder de vista el contexto internacional.
Por este motivo, pidió un esfuerzo para “explicar a los empresarios lo que podemos hacer” y para potenciar la “enseñanza ‘on line’”. Juan Viaño fue presentado por José Antonio Redondo, consejero Mayor de Cuentas, que elogió la capacidad del actual rector para gestionar la Universidad de Santiago.
Fotografía: http://www.nuevaeconomiaforum.org/noticias/el-rector-de-la-usc-califica-la-fuga-de-talento-como-una-sangria-que-este-pais-no-se-puede-permitir
Na conferencia ‘As consecuencias económicas da calma. A universidade como patrón de consolidación do século XXI’ o reitor incidía no compromiso social das universidades e facía un chamamento á busca dos mecanismos necesarios “para unha fluída relación entre o tecido industrial e o formativo” coa internacionalización como reto. Non só é necesario un maior investimento público en formación superior, en investigación e desenvolvemento e en ciencia –a pesar de recoñecer “o esforzo” da Xunta de Galicia no último Plan de Financiamento– senón que tamén hai que mellorar, dixo, “os indicadores de colaboración do sector económico privado que marcan ás mellores universidades do mundo, pese a esas 1.000 empresas que cada ano asinan un convenio coa nosa universidade en temas de investigación”.
No seu discurso explicou a estratexia de recuperación da Universidade de Santiago no contexto actual de saída da crise, “primeiro, para aumentar os ingresos a través da mellora na captación de estudantes e dos novos recursos de investigación e, segundo, a través da adaptación de toda a nosa estrutura aos tempos actuais”. Esa adaptación, explicou, supuxo unha redución do cadro de persoal baseada fundamentalmente no reequilibrio de áreas docentes, o que tamén levou aparellada un “modelo de cambio radical nas nosas estruturas para buscar unha maior eficacia e, polo tanto, unha maior calidade tanto na docencia como na investigación”. Referíase Viaño á redución dun 30% das unidades departamentais, as encargadas de organizar a docencia, “algo no que estamos inmersos na actualidade”.
Marcou tamén na súa intervención como un acerto a oferta dos dobres títulos, cun alto índice de matrícula, e que ofrecen a oportunidade de compaxinar dúas disciplinas complementarias que permiten ao alumnado introducirse no mundo laboral dun mellor xeito, “cunha formación integral e coa contribución dunha serie de competencias interdisciplinares que necesariamente deben ser mellores para todos”.
Fotografía: archivo GD / USC
R.