Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La ministra de Agricultura dice que los más beneficiados por las ayudas al lácteos son los ganaderos gallegos

Nota de prensa del Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente:

La ministra de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, Isabel García Tejerina, ha asegurado, en la sesión de control al Gobierno, en el Congreso de los Diputados, que “todos los ganaderos de leche españoles recibirán ayudas para paliar la coyuntura del mercado que viene padeciendo el sector”.

Isabel García Tejerina respondía a una pregunta de la diputada Olaia Fernández-Dávila, a quien aseguraba que todos y cada uno de los ganaderos que más han sufrido la caída de precios recibirán además una ayuda complementaria, y que la mayoría de ellos son gallegos.

En su intervención, la ministra ha explicado que el Gobierno dará 45,5 millones adicionales a los ganaderos del sector lácteo: 25,5 millones de fondos comunitarios y 20 millones de presupuesto nacional. Según ha indicado, esta cantidad se suma a los 250 millones que recibirán de la Política Agrícola Común, que este año y hasta 2020, será de 33 millones más que la anterior PAC.

Por lo tanto, “todas las explotaciones de leche de España recibirán apoyo, y más las que más lo necesiten, porque nuestro criterio es que ninguna explotación cierre por esta situación de mercado”, ha reiterado.

En este sentido, García Tejerina ha asegurado que todas las explotaciones gallegas recibirán el 100% de la ayuda a través de los fondos comunitarios, hasta 50.000 euros. También ha indicado que el 83% de los beneficiarios de la ayuda complementaria (a través de fondos nacionales) a explotaciones en dificultades son ganaderos gallegos.

En definitiva, “este Gobierno se preocupa por todos y cada uno de nuestros ganaderos, y no va a dejar a nadie fuera del apoyo, ya que nuestra prioridad es evitar el cierre de ninguna explotación”, ha insistido.

En este ámbito, García Tejerina ha recordado cómo en el año 2009 el sector lácteo vivió su peor crisis “y entonces se negociaron menos de la mitad de los fondos comunitarios conseguidos ahora”. Además, “entonces hubo cero presupuesto nacional de apoyo al sector lácteo”, ha completado.

Asimismo, García Tejerina se ha referido a la “amplia batería de medidas” impulsadas por el Gobierno, y ha puesto en valor el acuerdo alcanzado por el conjunto de la cadena de valor del sector lácteo, a los que ha agradecido su disposición a trabajar junto al Gobierno en apoyo del sector. Se trata, ha asegurado, de un “acuerdo que va a favorecer a todos los ganaderos del sector lácteo, al margen de quien haya decidido o no sumarse al trabajo del Gobierno”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, formulou no Pleno do Congreso unha pregunta á Ministra de Agricultura sobre o método elexido para a concesión de axudas ao sector lácteo, fórmula discriminatoria que deixa fóra a boa parte dos produtores galegos.

A Ministra de Agricultura limitouse a negar as críticas da portavoz do BNG, que en definitiva trasladou o malestar do sector produtor galego polo sistema para a concesión de axudas pola crise láctea. Mais en ningún momento explicou os criterios estabelecidos, nin aclarou o umbral de prezos para poder acceder ás axudas, simplesmente negou que fose perxudicial para os gandeiros galegos.

Razón pola que Davila lle espetou: “Vostede dí que non é certo pero non o aclara. Non me dí cais son os criterios que vostedes manexaron. É totalmente inadmisíbel e non se pode entender que un Goberno estabeleza unhas axudas que para que sexan percibilas polos gandeiros galegos teñen que ter vendido o leite a menos de 24 céntimos. Mentras que gandeiros do resto do estado poden acceder ás subvencións cando a venderon a menos de 31 céntimos. Iso é discriminación a un sector lácteo que é fundamental para a supervivencia do noso agro”.

Ademáis, a deputada do BNG censurou o Acordo acadado que non foi asinado polo 50% do sector, fundamentalmente organizacións agrarias, porque non resolve o problema dos prezos. Una Acordo que “vostedes celebraron moito” pero que incluso é cuestionado por algúns dos asinantes: “persoas do sector da industria que si o subscribiron chegaron a afirmar que é un Acordo que só vale para a foto porque non estabelece, tal e como reclaman os gandeiros, un prezo orientativo ou de referencia. É voluntario, non conta con medidas sancionadoras para que se leve a cabo”.

A deputada do BNG acusou a Tejerina de non empatizar cos produtores galegos que protagonizaron masivas manifestacións. “Vostedes non entenderon as movilizacións do sector gandeiro na Galiza. Non entenderon que cando miles de gandeiros se movilizan deixando o seu labor e o seu carto porque non producen durante os días de movilización, é porque non poden soportar unha situación límite”. Lembroulle que no que vai de ano desapareceron 600 explotacións na Galiza.

A Ministra adoptou unha posición á defensiva sen entrar na explicación do que lle pedía a deputada do BNG, o sistema de concesión das axudas. A titular de Agricultura deu dados xa propagados: que se habilitarán 45 millóns adicionais, 20,5 de fondos comunitarios e 20 do orzamento do estado. Unhas partidas, dixo, que “se sumarán aos 250 que recibirán da PAC”.
Afirmou que “todas as explotacións do estado recibirán axudas, sobre todo as que máis o precisen” e que o criterio é que non pechen explotacións. Aínda que sobre a mesa están as cifras de desaparicións de explotacións que lle lembrou Davila.

Tejerina replicou a Davila que “todo o que dixo sobre os cálculos das axudas é absolutamente falso”. Sinalou que “hai un único umbral para todos os gandeiros” pero non dixo cal era. Dixo que o 83% dos beneficiarios serán galegos “e recibirán máis PAC”. Indicou á deputada do BNG que “non deixará a ninguén fóra do apoio”, malia as críticas dos gandeiros galegos.

A Ministra defendeu o Acordo acadado, e atacou á deputada do BNG por “defender cousas inviábeis”, en relación á demanda de que haxa un prezo de referencia obrigatorio e con sancións para que se cumpra. Na súa resposta a Ministra deixou claro que está en contra dun réxime de sancións no caso de que non se cumpran os prezos, e apelou “á legalidade existente” para defender o carácter voluntario da referencia de prezos. Nese sentido, sostivo que “un Acordo voluntario non pode ter un réxime de sancións”.
O que ven a demostrar a súa ineficacia á hora de protexer ao sector, o eslabón máis débil da cadea, fronte aos abusos da industria e das cadeas de distribución.

Nota de prensa remitida por la OPL:

A Organización de Productores de Leche (OPL) valora moi negativamente o ritmo que leva ata o de agora o acordo asinado en Madrid. “De momento, -denuncia-, aínda non se formou o comité de seguimento, a nivel galego, á espera de que a nova conselleira monte o seu equipo e as previsións son que ata finais de novembro non estea listo o novo modelo de contrato nin tampouco o decreto que regule a comunicación dos prezos de cesión por parte da industria ao Ministerio”.

O coordinador da OPL, Anxo Escariz, critica, ademais, que “como queira, no contrato non aparecen normas que fagan de obrigado cumprimento as medidas estipuladas no mesmo, pensamos que sería imprescindible incluír neste decreto que os prezos de referencia para garantir o sostemento sexan os índices da cadea de valor do INLAC e que debería obrigar, tamén, á industria a traspasar ao gandeiro o aumento de prezo do leite nos lineais por parte da distribución”.

Tendo en conta a situación que arrastra o sector, aseguran Escariz, “non nos queda outra vía que convocar aos gandeiros para novas mobilizacións a partir do 5 de novembro”.

Dende a OPL lembran que as Administracións central e autonómica comprometéronse a ser garantes de que o acordo de Madrid se cumpra, o cal ten que servir para que os prezos pasen a un mínimo de 0,32 € a partir de que entre en vigor o novo contrato.

“Os gandeiros seremos aliados da Administración e velaremos polo cumprimento do acordo de Madrid, xuntaremos información de todos os incumprimentos do citado documento e de quen os leva a cabo e no momento que vexamos que o Goberno non garanta ditas condicións; deixará de ser o noso aliado e pasaremos a garantilo cos nosos medios”, espeta.

Advirten que “a partir de principios de novembro, calquera primeiro comprador, industria ou distribución que non cumpra o acordo será sometida á presión, a través da información aos cidadáns das súas actividades e doutro tipo de medidas máis drásticas”.

“Xa que dende arriba non foron capaces de poñer nun documento unhas pautas que garantan o cumprimento e que constaten a legalidade destas medidas, perdendo, deste xeito, unha oportunidade histórica para estabilizar o sector lácteo; seremos nós mesmos os que fagamos cumprir o acordo. Non nos queda outro remedio”, remata Escariz.

Fotografía 1: Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente
Fotografía 2: Gabinete de Comunicación del BNG
R.