Los sindicatos critican los presupuestos de 2016 presentados por el Gobierno gallego por ser demasiado optimistas y triunfalistas

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, avanzou que os Orzamentos da Xunta para o exercicio 2016 incluirán un importante crecemento dos investimentos públicos, que medrarán no entorno dun 14% respecto ao actual exercicio. Este incremento plasmarase nas contas autonómicas, que se aprobarán o vindeiro luns no Consello da Xunta.
O titular de Facenda mantivo un encontro con representantes das organizacións sindicais CIG, UGT e CC.OO., para trasladarlles as liñas principais dos Orzamentos da Xunta para o vindeiro exercicio. Ademais, Valeriano Martínez mantivo tamén un encontro con representantes da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).
O conselleiro sinalou que os Orzamentos da Xunta para 2016 terán como principal obxectivo trasladar a recuperación económica a todos os fogares galegos, e para iso van incluír a rebaixa de impostos máis importante da historia da Autonomía. Esta baixada fiscal incidirá principalmente nunha rebaixa do tramo autonómico do IRPF, do Imposto sobre Sucesións e Doazóns e nunha diminución de impostos no ámbito rural.
O titular de Facenda tamén dixo que outra das prioridades será potenciar o investimento produtivo. Galicia foi no último ano a terceira comunidade autónoma que fixo máis esforzo investidor nas súas contas, pero o obxectivo no vindeiro exercicio é impulsar este ámbito e por iso no 2016 os investimentos da Xunta de Galicia van medrar no entorno do 14% respecto a 2015.
Ademais, Valeriano Martínez incidiu en que as contas do vindeiro exercicio terán como prioridade a creación de emprego. Neste sentido, lembroulles aos representantes sindicais e da CEG que dende o inicio da lexislatura o paro rexistrado reduciuse en Galicia en 63.000 persoas, e avanzou que os Orzamentos tamén van incidir no fomento do emprego.
O conselleiro estivo acompañado pola secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, María del Socorro Martín, e polo director xeral de Planificación e Orzamentos, Miguel Corgos.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.