Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La oposición gallega critica las cuentas públicas para 2016: dice que son electoralistas e irreales con menos ingresos y más gastos

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, cualificou de “electoralistas” e irreais os orzamentos para o ano 2016 presentados pola Xunta. Criticou que o goberno galego e o propio PP definira como realistas unhas contas que suman menos impostos -e polo tanto menos ingresos- e mais axudas -e polo tanto mais gastos-.

Advertiu que o goberno galego “anuncia rebaixas fiscais de entre 140 e 150 millóns de euros e reduce á metade o recurso á débeda ao tempo que aumenta as axudas”. Explicou que “a gran pregunta que nos facemos tódolos galegos é cómo se vai pagar isto, cómo van abordar este pago con menos recursos sen aumentar o déficit”.

O responsable socialista sinalou que “non cadran as contas, a non ser que fagan como outros anos e non executen o que orzamentan, ou que pase como co Goberno Central, que fai os orzamentos para 2016 e despois ven a UE a tirarlle das orellas e sinalar que non cadra o déficit”.

Así o dixo logo de coñecer as liñas xerais dos Orzamentos do goberno para o próximo ano, e que serán presentados a continuación na Cámara autonómica, co que, dixo, “mañá veremos onde está a trampa que seguro que teñen estas contas”.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O voceiro do PPdeG, Miguel Tellado, destacou o agradecemento do partido a esas clases medias que axudaron a Galicia a superar a crise económica e que, apertándose o cinto a final de mes, contribuíron a que outros puideran empezalo.

Tellado cre que ten chegado o momento de, mantendo e mesmo ampliando o apoio a aqueles que máis necesitan do respaldo da Administración, empezar a aplicar medidas que melloren a situación deses galegos que tanto fixeron por volver á senda do crecemento que Galicia ten recuperada.

Por elo, considerou que os Orzamentos de 2016 resúmense en menos impostos e máis axudas aos galegos que máis o precisan. Menos impostos porque, pensando tamén nesas clases medias, a Xunta ven de anunciar a rebaixa fiscal máis importante da autonomía, principalmente por unha modificación á baixa do IRPF que afectará á totalidade dos contribuíntes pero especialmente ás rendas baixas e medias.

Tamén pola revisión do Imposto de sucesións e doazóns, que permitirá eximir de pagos a herdanzas de ata 400.000 euros, o que supón que o 99% dos galegos non teñan que pagalo e que o restante pague menos que ata agora.

Pero ese esforzo por devolver poder adquisitivo aos galegos ven acompañado de máis axudas para os que aínda non perciben a recuperación máis alá dos xornais. Por iso, a Xunta presentou un Plan de espera cero para o cobro da Risga, coa fin de minimizar o tempo que vai dende que unha persoa solicita esa renda de integración e o momento en que empeza a cobrala.

Tamén no tocante a mellorar a calidade de vida dos máis vulnerables, vaise reforzar este compromiso social con medidas como o Plan de loita contra a desigualdade económica, aprobado en xuño, e que se seguirá ampliando para que chegue a todos os ámbitos onde sexa necesario.

Por outra banda, con efectos a partir do 1 de novembro, o Goberno galego vai poñer en marcha un programa para evitar os cortes de luz por impagamento ás familias galegas máis vulnerables, asumindo o custo de dúas mensualidades da tarifa.

Nesta liña, tamén se facilitará maior autonomía a aqueles que teñen dificultades poñendo á súa disposición o material de apoio á mobilidade que precisen –como andadores, cadeiras de rodas ou camas articuladas-, a través dun servizo público de préstamo.

Por outra banda, co obxectivo de devolverlle os esforzos realizados aos empregados públicos, este mesmo mes farase efectiva a devolución doutro 25% da paga extra correspondente a 2012, que se suma ao 25% aboado xa, e ao que seguirá o 50% restante, que será efectivo no 2016. Así mesmo, tamén se abordará coa mesa sectorial un mecanismo para que os concursos de traslados sexan máis áxiles, sinxelos e con maior periodicidade.

Pensando tamén en axudar a aqueles que terán fillos a partir do 1 de xaneiro, a Xunta aprobou unha axuda de 100 euros ao mes en función de criterios de renda que se especificarán coa presentacións dos Orzamentos. En todo caso, é unha mensaxe que evidencia o compromiso do PPdeG coa natalidade e coa corrección da pirámide poboacional en Galicia.

Nesa liña, ampliarase o bono- gardería para que as familias que queiran levar aos seus fillos a unha escola infantil, e non teñan praza nunha gardería da Xunta, reciban unha axuda. Ademais, tamén se creará un bono-coidador para o rural, naquelas zonas nas que non exista opción a gardería.

Tellado destaca que non teñen mudadas as prioridades da Xunta senón a súa capacidade orzamentaria. Así, lembrou que o Goberno galego terá a súa disposición 400 millóns de euros máis que o ano pasado para adoptar políticas que repercutan directamente nos cidadáns. “Ata agora estivemos dedicados a evitar que máis xente caera nas garras da crise, e en axudar aos que xa padecían os seus efectos; agora podemos ademais empezar a rescatar a aqueles que a sufriron e atender aos que axudaron a Galicia a sobrevivir a esta difícil situación; entre eles, os funcionarios e as clases medias”.

R.