Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El presidente de la Diputación tacha a Martínez de tránsfuga, el BNG seguirá en el gobierno y el PPdeG teme que no se aprueben los presupuestos

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG continuará no goberno da Deputación “por que non nos anulan cunha presada de cartos”. Os deputados nacionalistas afirmaron que “non estamos aquí por cartos e a xente sabe que a presenza do BNG no goberno é necesaria”. Ferreiro sinalou que “esta situación é, unicamente, responsabilidade do PSOE e o BNG non cambiou de posición dende o minuto cero”.

O voceiro do BNG na Deputación de Lugo cualificou de acto de transfuguismo político “á altura de Tamallo ou Sabela Caldas”. Ferreiro acusou ao Partido Popular de utilizar sempre este tipo de estratexias para conseguir o poder cando non o acada nas furnas “como fixo recentemente en Boimorto”. Ferreiro informou que “incluso o previsto era que M Martínez presentara as emendas e o PP as apoiara”.

Situación allea ao BNG “que sempre mantivo a mesma postura”. Ferreiro recoñeceu que a situación “aféctanos tanto no ruído mediatico como na práctica operativa” e sinalou que “esta situación é, unicamente, responsabilidade do PSOE e esperamos que reaccione e actúe”. “Non imos permitir que nin Candia, nin Martínez nos digan cando temos que estar no goberno e cando non” afirmou Ferreiro e sinalou que “asumiría, sen adicación exclusiva, as tarefas de goberno”.

Visto o que pasou onte “o PP merecía que lles puxéramos a Martínez como presidente, aínda que esto nunca vai suceder por que as veciñas e veciños de Lugo non teñen por que sufrir esta situación”.

Antonio Veiga “despois dun goberno en precario de catro meses do partido popular estamos poñendo a funcionar esta institucións que é a verdadeira preocupación de veciñas e veciños”. Veiga anunciou que “imos traballar con eficacia e eficiencia independentemente de contemos con liberados ou non”. O vicepresidente loubou o “traballo das funcionarias e funcionarios neste catro anos que non miran a cor política” e ”dixo que contamos, nas nosas áreas, coas persoas máis preparadas para sacar adiante todas as tarefas de goberno que teñamos que afrontar”.

Veiga transmitiu unha mensaxe de “tranquiliade” a todos os concellos e colectivos culturais e deportivos que “están agardando a que este goberno se poña a funcionar”. “Aínda que nos metan paos na roda ese 12 + 1que so pretenden atrancar a acción de goberno”. O vicepresidente dirixiuse a Elena Candia para que “explique o pacto oculto ao que chegou co Sr. Martínez”. Antonio Veiga rexeitou o argumento da proporcionalidade utlizado, durante o pleno, para tratar de xustificar o acordo tomado polo 12 + 1 e explicou que “a proporcionalidade refírese ao traballo que hai que facer e non ao número de deputados de cada grupo”.

O deputado nacionalista explicou que “o voceiro do BNG queda sen dedicación na Deputación de Lugo e esta operación foi intencionada” por que ”eran sabedores que na miña profesión no podo ter opción a media dedicación”. Ferreiro explicou que si podería sumar o salario do seu traballo á media dedicación pero “por ética nunca o faría, como ocurre no caso doutros deputados e deputadas”. Xosé Ferreiro lembrou que “foi Elena Candía quen, sen que ninguén llo pedira, propuxo dúas dedicacións para o BNG no periodo que estivemos na oposición”. “Se con estas maniobras de concesión de salarios pretenden comprarnos están moi equivocados” sentenciou Ferreiro.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, asegurou que os lucenses manteñen “dúbidas fundadas sobre a aprobación dos orzamentos da Deputación de Lugo para 2016 ante a situación de debilidade na que se atopa o Goberno bipartito e o seu presidente”.

O deputado popular advertiu a Darío Campos que no último pleno de organización da administración provincial “quedou en evidencia que PSOE e BNG non contan coa maioría suficiente para gobernar con estabilidade esta Deputación e demostrouse o polvorín no que teñen convertido o bipartito provincial lucense”.

Balseiro tamén lembrou que “a Xustiza pode botar por terra incluso a propia Presidencia de Darío Campos, que estaría nunha situación precaria de prosperar o recurso interposto por presumirse a nulidade do seu nomeamento, ao non terse respectado o establecido no Regulamento da institución”.

“Ademais de inestable, vostede preside un Goberno paralizado. A Deputación de Lugo atópase practicamente detida, sen xestión, nin iniciativa. E os máximos responsables son o PSOE e BNG”, apuntou Balseiro. Neste sentido, lembrou que despois de negociar durante tres meses mantivo 15 días á Deputación sen goberno, un trámite que o PP solventou en tan so tres días desde a toma de posesión.

Balseiro fixo unha defensa pechada dos tres meses de Goberno popular na Deputación de Lugo e contrastou as primeiras decisións adoptadas polos populares coa situación actual. Así, lembrou que “co PP a Deputación de Lugo deixou de ser a única en Galicia insubmisa en materia de servizos sociais, como acontecía durante os mandatos de Besteiro”. Ademais, pediu ao bipartito que “rectifique e cumpra a lei de servizos sociais e a sentenza do TSXG e, polo tanto, non prive aos que máis o necesitan dos servizos de benestar por unha cuestión partidista”.

O deputado popular tamén asegurou que “os lucenses non se merecen un goberno baixo sospeita xudicial, tras lembrar que PSOE e BNG gobernan na Deputación de Lugo con ata dous imputados, entre eles, a alcaldesa de Viveiro fronte a que a Xustiza está a piques de abrir xuízo oral e sentala no banquillo”. Porén, dixo “crer e respectar a presunción de inocencia”, pero sinalou que “a presenza de imputados mancha a imaxe da Deputación de Lugo e vai en contra das esixencias dos cidadáns que reclaman máis rexeneración democrática”.

Balseiro advertiu que “o BNG ten aínda pendente dar explicacións aos lucenses por ter un código ético de quita e pon e pola desautorización ao veto aos imputados da que presumía sen ningún éxito o voceiro nacional do BNG, Xavier Vence”.

Finalmente, Balseiro reclamou valentía a Darío Campos para rachar co peor da herdanza de Besteiro e nesa liña pediulle que, mentres estea no goberno, colabore con todos os concellos lucenses en pé de igualdade, “sexa cal sexa a cor política do su alcalde de turno”.

O deputado popular rematou adiantando que “ante a debilidade, parálise e pouca estabilidade do Goberno de Darío Campos non sei canto poderá aguantar no cargo”. “En todo caso, se admite propostas construtivas, a mellor recomendación é que non cometa os erros de Besteiro e pense menos no partido e máis nos lucenses”, indicou.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
R.