Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Sigue abierta la crisis política en la Diputación de Lugo: Besteiro dice que Martínez está en las antípodas del PSdeG. En Compostela, PPdeG y PSdeG se unen y fuerzan la rebaja del IBI

En la capital de Galicia, el pleno del Ayuntamiento de Santiago vivió una jornada de alianzas políticas entre dos de los grupos de la oposición que no apoyan al Gobierno local de Martiño Noriega: el PPdeG y el PSdeG se unen para votar conjuntamente y fuerzan la rebaja del Impuesto de Bienes Inmuebles (IBI), frente a la postura del alcalde que apostaba por la subida y que denuncia esta unión como "una moción de censura encubierta por la vía fiscal". Martiño dice que el Ayuntamiento dejará de ingresar 2.7 millones de euros.

En Lugo, continúa la situación insostenible del organismo provincial mientras el grupo municipal socialista de Becerreá se declara "a muerte" con su alcalde, el diputado Manuel Martínez que también se ha unido al PPdeG en algunas votaciones en contra de su propio grupo político y del BNG -socio de coalición-. Gómez Besteiro, secretario general del PSdeG, dice que Martínez está "en las antípodas políticas del PSdeG". Besteiro participaba en Lugo en un acto reivindicativo de las infraestructuras ferroviarias.

Nota de prensa del PSdeG:

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que “o Partido Popular condenou á provincia de Lugo nos últimos catro anos a unha desconexión coa rede de alta velocidade e as novas infraestruturas ferroviarias, isto si que é unha desconexión clara”.

O Líder do PSdeG, xunto a Patxi López, secretario de Acción Electoral Federal do PSOE, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantiveron un encontro en Lugo con colectivos veciñais para mostrar o apoio dos socialistas á Plataforma en favor dos servizos ferroviarios para a provincia. Asistiron tamén numerosos cargos do partido na provincia.

“Lembro cando na campaña electoral do 2009, Feijóo prometeu o AVE a Lugo, e dixo que sen non o facía o Estado o faría el”, afirmou Besteiro, que lamentou “os anos perdidos co Goberno de Rajoy para as infraestruturas ferroviarias que esta provincia necesita, todo elo sen críticas por parte do presidente da Xunta”.

“O PP condenou á provincia de Lugo a non ter AVE, o goberno socialista tiña comprometidos numerosos investimentos na cidade, pero Rajoy meteunos nun caixón; Lugo necesita conexións ferroviarias e melloras urxentes para o tráfico de mercancías”, engadiu.

Pola súa parte, Patxi López, de visita en Lugo, comprometeuse a que “o PSOE será a voz da Plataforma en favor dos servizos ferroviarios para a provincia de Lugo, non pode haber cidadáns de primeira e de segunda, o ferrocarril é a comunicación do presente e do futuro”.

“Temos que vertebrar o país entre todos e non pode haber provincias esquecidas, hoxe hai moita xente que me transmite esa sensación e falamos dunha situación que non pode continuar, as infraestruturas de comunicación son imprescindibles a día de hoxe”, manifestou.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, denunciou ante os medios de comunicación que “non hai un só euro de investimento previsto para a estación intermodal de Lugo nos orzamentos autonómicos e estatais; as infraestruturas crean país, Lugo era un referente e hoxe deixamos de selo, pregúntome que lle fixemos os lucenses ao señor Feijóo”.

Xa por último, o presidente desta Plataforma en favor dos servizos ferroviarios para a provincia de Lugo e da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, Jesús Vázquez, reclamou para a cidade “o que teñen as demais, somos a única capital de provincia sen consignación para a intermodal, sen trens de cercanías e sen tráfico de mercancías”.

Nota de prensa del Ayuntamiento de Santiago de Compostela:

O Pleno aprobou unha declaración institucional na que os catro grupos da Corporación amosan o seu apoio á creación dun novo xulgado do social no Partido xudicial de Santiago de Compostela. O texto foi consensuado por Compostela Aberta, PP, PSOE e BNG despois da xuntanza que os seus voceiros mantiveron a semana pasada co decano do Colexio de Avogados de Santiago, Evaristo Nogueira, para fixar unha posición conxunta na demanda de novos órganos xudiciais para a capital galega. Nesa reunión, presidida polo alcalde, Martiño Noriega, quedara de manifesto que os datos avalan a creación dunha nova Sala do Social, que alivie a carga de traballo das tres existentes ata o de agora en Compostela.
Na primeira quenda do Pleno ordinario de novembro, que continuará pola tarde, tamén foron aprobadas por unanimidade varias mocións. Así, saíron adiante a presentada polo PP para que se acondicione o Belvedere e o contorno fluvial onde se celebrou o Banquete de Conxo en 1856; e a moción asinada polo BNG para reclamar a incorporación de sistemas para protección de motoristas nos gardarraís do termo municipal.

Tamén a proposta do Bloque Nacionalista Galego e tamén por unanimidade, a Corporación acordou poñer en marcha as medidas necesarias para garantir que as obras de nova construción adopten criterios de accesibilidade. No debate puxéronse de manifesto as deficiencias nesa materia que foron detectadas na reforma da rúa Carreira do Conde. O concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, aproveitou para explicar que o Goberno local elaborou un informe ao respecto recollendo as queixas de Cogami. Segundo anunciou o edil, o concello non recepcionará as obras ata que se solucionen algúns destes aspectos.

Cumprindo co acordado polo Pleno, a sesión ordinaria de novembro comezou cun recordo ás vítimas da violencia machista. A Corporación gardou tres minutos de silencio, un por cada muller que foi asasinada no último mes a mans das súas parellas ou exparellas.

Fotografía: Ayuntamiento de Santiago de Compostela.
R.