El PPdeG rejuvenece 2 años la edad media de sus candidatos al 20D. Gómez Besteiro garantiza primarias en el PSdeG en 2016

O portavoz dos populares galegos, Miguel Tellado, fixo unha valoración das candidaturas populares que se fixeron públicas de cara ás Eleccións Xerais do 20 de decembro. Na súa comparecencia en rolda de prensa, Tellado salientou que presentan unha candidatura cunha media de idade en torno aos 48 anos, rebaixando en case dous anos a das listas pasadas e que supón unha aposta polo rexuvenecemento.
En canto aos perfís dos candidatos, o voceiro sinalou que para as cabezas de lista quedou claro que deron prioridade á experiencia acreditada na xestión como é o caso de Ana Pastor en Pontevedra; á experiencia parlamentaria, co exemplo claro de Joaquín García Díez en Lugo; valoraron a traxectoria no ámbito municipal no caso de Miguel Lorenzo en A Coruña; e tamén apostaron pola incorporación de persoas relevantes na sociedade civil como é o caso de Miguel Viso en Ourense.
En canto ao resto de integrantes que completan as listas, Tellado sinalou que son persoas que aportan a súa experiencia parlamentaria previa como o caso de Ana Belén Vázquez, Celso Delgado, José Manuel Barreiro, Tristana Moraleja ou Jaime de Olano. A estes nomes únense novas incorporacións que aportarán a súa traxectoria noutras institucións ou Cámaras como Juan Juncal, que pasa do Senado ao Congreso; Paula Prado que cambia o Parlamento Galego polo Senado, e Pilar Rojo, que deixa a presidencia do Parlamento de Galicia para incorporarse ás candidaturas.
O voceiro tamén sinalou que os candidatos son persoas que van dende os 29 anos ata os 73 porque “aspiramos a representar a todos, aos máis novos e aos de maior idade”.
“Presentamos desde a humildade a un equipo altamente preparado que chega á política para aportar unha ampla traxectoria lexislativa e unha dilatada carreira parlamentaria e que ocuparán postos nas Cortes Xerais do Estado durante a próxima lexislatura, que consideramos trascendental”. Nese sentido explicou que España ten o reto de consolidar a recuperación económica e que ten que servir para “blindar dende a solvencia e xestión o noso e Estado de Benestar”, dixo Tellado.
Ademais, o portavoz dixo que teñen ante eles o reto que supón unha acción egoísta e irresponsable dos que queren rachar con España e con 40 anos de convivencia pacífica e democrática que teñen permitido que o país acadase os niveis máis altos de benestar social. Así, o PPdeG quere contribuír cos seus mellores activos para defender o marco de convivencia que é a Constitución e que é a nosa democracia.
“Non improvisaremos e por iso mandamos a persoas con traxectorias profesionais contrastadas que levarán a voz de Galicia á Cámara Alta e á Cámara Baixa”, asegurou Tellado ao tempo que engadiu que se trata de deputados de goberno que defenderán alí os intereses dos galegos. “Pedímoslles que traballen arreo dende o primeiro día para acadar os obxectivos do PPdeG”.
Nesa liña salientou que o obxectivo político do seu partido é gañar as eleccións e sacar máis deputados que o resto de formacións políticas que compiten con eles porque “queremos os mellores resultados posibles xa que cremos que é o mellor para España e para Galicia”, sentenciou.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del PPdeG
R.