El PPdeG propone que sea el Valedor do Pobo quien vele porque se cumpla la futura Ley de Transparencia y Buen Gobierno

O Grupo Popular propón que o Valedor do Pobo exerza como Comisionado de Transparencia para velar polo control do cumprimento por parte das administracións públicas das obrigas recollidas na futura Lei de Transparencia e Bo Goberno, que na actualidade se atopa en plena tramitación parlamentaria.
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou da presentación dun conxunto de emendas ao proxecto de Lei de Transparencia e Bo Goberno co obxectivo de “mellorar esta norma no ámbito de control do cumprimento do recollido no texto lexislativo”. Neste sentido, lembrou que o debate de totalidade deste proxecto de lei tivo lugar na última sesión plenaria, “na que os grupos minoritarios votaron en contra da súa simple tramitación, mentres o Grupo socialista se abstivo e deu unha marxe de confianza que saudamos con optimismo”.
As emendas rexistradas polo Grupo Popular ao proxecto de Lei de Transparencia e Bo Goberno sitúan ao Valedor do Pobo como Comisionado de Transparencia. Puy explicou que “seguimos mantendo que é bo atribuír novas funcións a entes institucionais xa existentes, e o Valedor do Pobo ten como función fundamental vixiar o cumprimento das obrigas por parte da administración cos administrados”.
En concreto, o Valedor do Pobo asumirá a través deste Comisionado de Transparencia funcións como responder ás consultas que, con carácter facultativo, lle formulen os suxeitos incluídos no ámbito de aplicación desta lei; adoptar recomendacións para o mellor cumprimento das obrigas legais en materia de transparencia e bo goberno; asesorar sobre o dereito de acceso á información pública e bo goberno; emitir informes, con carácter previo á súa aprobación, sobre proxectos de lei ou de regulamentos en materia de transparencia e bo goberno; e efectuar, por iniciativa propia ou por mor de denuncia, requirimentos para que se corrixan os incumprimentos da propia lei de transparencia.
Pedro Puy engadiu que, para auxiliar nestas funcións como Comisionado de Transparencia, o Grupo Popular propón a creación dunha Comisión de Transparencia, que asesore, escoite e participa na emisión destes informes.
A proposta do Grupo Popular é que esta comisión estea integrada polo propio Valedor, o adxunto ao Valedor e un representante da Comisión Interdepartamental de Información e Avaliación da Xunta, do Consello Consultivo e da Federación Galega de Municipios e Provincias.
Por outra banda, o portavoz popular avanzou que, á espera da convocatoria oficial por parte da Mesa do Parlamento, a vindeira semana terán lugar dúas sesións plenarias: unha de carácter extraordinario, para o debate de totalidade dos orzamentos da Xunta de Galicia para 2016; e outra de carácter ordinario.
Respecto dos orzamentos, Puy salientou que se trata das primeiras contas expansivas desde o ano 2008, nas que haberá “máis gasto público, en investimentos produtivos e gasto social, e as familias disporán de máis recursos que poderán destinar ás súas decisión de consumo e investimento”. “Pretendemos consolidar o crecemento económico, para irnos recuperando pouco a pouco das consecuencias da crise, cunha previsión de crecemento do 2,5 por cento do PIB”, engadiu.
Pedro Puy engadiu que, “o feito de que o sistema de financiamento autonómico dea máis recursos e ao mesmo tempo consigamos reducir o custo dos xuros en 65 millóns de euros, permitirá ao Goberno galego pode gastar máis, tanto en investimento directo, que crece un 14 por cento, como incrementar o gasto social arredor de 300 millóns de euros”.
“Pero, ademais, estes orzamentos son expansivos na medida na que as rebaixas fiscais van deixar máis recursos nas mans da cidadanía, través da redución do imposto da renda, a práctica eliminación do imposto de sucesións e a aplicación dun imposto cero na transmisión de fincas rústicas”, apuntou.
R.