Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

González Pons coloca la lucha contra el yihadismo, la unidad de España y la recuperación económica como claves de la próxima legislatura

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O presidente da Xunta e do Grupo Popular, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que o Goberno galego aprobará un decreto para regular a acción exterior do Goberno autonómico, de acordo co recollido na Lei estatal da acción e o servizo exterior do Estado.

Feijóo clausurou, en compañía do vicepresidente do Grupo Popular no Parlamento Europeo, Esteban González Pons, a xornada de traballo que celebraron en Santiago deputados populares no Parlamento galego e eurodeputados do PP.

Respecto do novo decreto, o presidente popular afirmou que Galicia “sempre cumpriu taxativamente as leis, sobre todo neste momento no que está a poñer en cuestión o Estado de Dereito”. Deste xeito, sinalou que este decreto dará forma para que os representantes galegos poidan participar nas deliberacións dos órganos de maior nivel da Unión Europea ou influír nos Consellos de Ministros.

Para rematar, Feijóo sinalou que “o principio que guía á Xunta nas súas relacións con outros países é o diálogo, non a confrontación” e apuntou que “quen intente suplantar ao Goberno central enfrontarase sempre coa Lei”.

Na súa intervención, salientou que a presenza dos eurodeputados en Galicia “tumba dous dos mitos que máis se soen escoitar sobre a política europea”. En primeiro lugar, “que as grandes decisións en Europa se toman nalgún lugar moi lonxano, cando no Parlamento galego se adoptan decisións que afectan aos cidadáns europeos e a Unión Europea ten unha estrutura máis descentralizada que a maioría dos Estados do mundo”, con organismos distribuídos por diversas cidades europeas e, en concreto, a Axencia Europea de Control da Pesca con sede en Vigo.

O segundo dos mitos é que os galegos e os españois non teñen nada que dicir en política europea. Neste sentido, sinalou que “A primeira eurorexión de Europa foi a de Galicia co norte de Portugal e cada vez facemos máis cousas conxuntamente”, afirmou Feijóo.

“Se hai algunha comunidade autónoma con interese no funcionamento do Partido Popular en Europa esa é Galicia, porque non hai nada que lle interese a un galego que non teña relación coa Unión Europea”, indicou Feijóo, polo que considerou importante que os europarlamentarios “viñeran e que volvades” no futuro.

Así mesmo, o presidente do Grupo Popular indicou que “Galicia ten conseguido que a Unión Europea se posicionase do noso lado en temas estratéxicos para a Comunidade galega”. En concreto, referiuse a tres ámbitos: o pesqueiro, no que a Comisión Europea tivo en conta as demandas galegas sobre a arte pesqueira do xeito e as artes empregadas no río Miño; o agrícola, onde a Comisión elevou por primeira vez ao 70 por cento o anticipo das axudas da Política Agraria Común e o Goberno galego autorizou onte o abono destes anticipos, que ascenden a 65 millóns de euros e beneficiarán a máis de 26.000 gandeiros e agricultores; e, en terceiro lugar, en relación coa cooperación con Portugal, hai menos de un mes que se aprobou a primeira Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza RIS3T de toda a Unión Europea, que funcionará como folla de ruta para cooperar co norte de Portugal e permitirá captar arredor de 360 millóns de euros a través de diferentes plans europeos de financiamento.

“A Unión Europea é sinónimo de cooperación, de conxugar varios intereses particulares para intentar chegar ao interese xeral”, dixo Alberto Núñez Feijóo, quen puntualizou que “a traxedia de París ensinounos, da forma máis crúa posible, que os europeos nos enfrontamos a retos globais”.

“Ante esta violencia emenda á totalidade, que non dubida en segar vidas humanas para derribar o noso sistema, os europeos temos que actuar unidos para preservar o noso sistema”, sinalou o presidente do Grupo Popular. Ademais, apuntou que actos como a xornada de traballo de hoxe “recordan que a Unión Europea, que é a mellor garantía de paz e a estabilidade deste continente, está moi cerca e á hora de tomar decisións, todos os galegos e todos os españois temos moito que dicir”.
R.