El Parlamento prepara los debates para la aprobación de los presupuestos, la elección de senadores autonómicos y la Ley de Transparencia

O Parlamento galego acolle o martes 22 e mércores 23 de decembro a celebración de tres sesións plenarias, dúas específicas e unha ordinaria. Nas específicas, se procederá ao debate e aprobación dos orzamentos da Xunta para 2016 e a elección dos tres novos senadores en representación da autonomía. Pola súa banda, na ordinaria, aprobaranse a Lei de medidas fiscais e administrativas e a Lei de transparencia e bo goberno, e inclúe tres preguntas ao Presidente, tres interpelacións ao Goberno galego, tres mocións e unha proposicións non de lei da oposición, todas a iniciativa dos grupos da oposición.
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, explicou que o primeiro pleno do martes 22 de decembro terá como obxectivo a aprobación definitiva dos orzamentos da Comunidade Autónoma para o vindeiro ano. Neste sentido, Puy explicou que será a primeira vez que este debate se desenvolva conforme ao recollido na recente reforma do regulamento, de xeito que se substitúe o debate breve de cada unha das seccións (que xa foron debatidas unha por unha na Comisión 3ª) por un máis longo onde os portavoces terán dúas quendas de 30 e 10 minutos, respectivamente.
A sesión continuará pola tarde co debate de aprobación do texto articulado dos orzamentos, que terá o trámite habitual de todos os textos lexislativos (dúas intervencións de 15 e 5 minutos para cada portavoz de grupo parlamentario). O pleno rematará coa votación de cada unha das seccións das contas públicas e do articulado.
A xornada parlamentaria do mércores, 23 de decembro, dará comezo cun pleno específico para a elección dos senadores en representación autonómica. Pedro Puy explicou que, segundo se recolle na normativa, “a Galicia correspóndelle a designación de tres senadores, dos que dous son a proposta do Grupo Popular e un do grupo socialista, en función da representación proporcional de cada formación no Parlamento galego”.
O prazo de presentación de candidaturas rematará o vindeiro martes, 22 de xaneiro, ás 18.30 horas, e o obxectivo é que “a Comunidade galega estea representada cos seus senadores autonómicos na sesión constitutiva do novo Senado, que terá lugar o 13 de xaneiro”, sinalou Puy.
A continuación celebrarase o Pleno ordinario, que “nesta ocasión pola restrición temporal motivada pola convocatoria das eleccións xerais e por un amplo acordo dos grupos parlamentarios porase especial énfase nas iniciativas de control ao Presidente e ao Goberno galego”.
O portavoz popular concretou que esta sesión plenaria incluirá, ademais do debate a iniciativa do Goberno e para a súa aprobación da Lei de Medidas Fiscais e Administrativas e da Lei de Transparencia, as tres preguntas ao Presidente da Xunta, tres interpelacións, tres mocións e unha proposición non de lei, todo elo a cargo dos grupos da oposición.
A modo de resumo, Pedro Puy apuntou que o Parlamento galego acollerá ao longo do mes de decembro a celebración de 10 mesas de comisión, 24 comisións parlamentarias e catro sesións plenarias e catro días.
R.