Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Resultados elecciones generales 20D: el PPdeG también gana en Galicia, En Marea entra con fuerza como segunda fuerza, el BNG no logra representación y Ciudadanos logra un escaño

Las valoraciones realizadas por los líderes políticos en Galicia con algo más del 90% de los votos escrutados reflejan lo que dicen los números: En Marea habla de un "hito del grupo gallego" y se proclama como la única alternativa al PPdeG. Beiras ya habla de que habrá un grupo gallego en Madrid y pide inteligencia para formar un gobierno alternativo a un posible pacto entre el PP y Ciudadanos. Yolanda Díaz habla de que empieza el trabajo para las elecciones autonómicas con el fin de lograr un buen resultado en Galicia. El presidente gallego, Alberto Núñez Feijóo, tras conocer los resultados electorales dice que mantendrá "la hoja de ruta" para Galicia, a pesar de perder 5 escaños (retrocede de los 15 obtenidos en 2011 a los 10 conseguidos en esta cita electoral).

El PSdeG, a través de su secretario general, Gómez Besteiro, habla un resultado "positivo" tras lograr mantener los seis escaños que lograra en 2011 y dice estar "muy satisfecho". Por el contrario, NÓS-Candidatura Galega admite que los resultados son "malos, sin paliativos" para el nacionalismo gallego y anuncia: "Caímos y volveremos a levantarnos". Por el contrario, Ciudadanos confirma su irrupción en Galicia y cree que hay "buenas expectativas" para esta formación política de cara a las autonómicas.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de NÓS-Candidatura Galega

NÓS-Candidatura Galega cualificou de “malo sen paliativos” o resultado electoral nun contexto polarizado arredor de catro forzas políticas estatais que non foi capaz de superar, explicaron nunha valoración conxunta realizada polos cabezas de lista das catro provincias: Carlos Callón, Olalla Rodil, Carme Adán e Noa Presas. “David non sempre vence a Goliat e menos a 4”, sintetizou Callón.

“Queremos recoñecer que os resultados electorais obtidos por Nós-Candidatura Galega son malos sen paliativos, moi lonxe das nosas expectativas, e cremos que son uns resultados negativos, non só para a coalición electoral senón, sobre todo, para este país e para a xente deste país”, explicou Noa Presas, que puxo en valor o esforzo realizado pola candidatura.

“Fixemos todo o posíbel, todo o que estaba nas nosas mans. Construímos unha candidatura en tempo récord, ampla, plural, desde a base, ao servizo do país, como sempre fixo o nacionalismo galego”, explicou, pero non foi capaz de superar o contexto de bipartidismo a catro imposto desde os platós televisivo.

“É evidente que non fomos capaces de contrarrestar unha intensa campaña televisiva que centrou as expectativas electorais en 4 forzas políticas estatais, que se presentaban como únicas opcións reais de voto”, explicou Olalla Rodil. “Este contexto foi un obstáculo que Nós-Candidatura Galega non puido superar para conseguir unha representación propia, galega e nacionalista no Congreso e no Senado”.

Unha situación que tamén lles afectou a outras forzas nacionalistas de Euskadi e Catalunya, pese a ter de partida un maior apoio social.

Pese ao resultado electoral, “seguimos convencidos de que este país necesita unha alternativa nacionalista, polo que o nacionalismo galego reafirma o seu compromiso para dar o mellor de nós e seguir traballando pola maioría social deste país”, concluíu Rodil.

Carmé Adán puxo en valor o traballo realizado na campaña co traballo da militancia e simpatizantes. “Sentímonos orgullosas do traballo realizado, do traballo en común. En apenas unhas semanas creamos unha coalición ampla, plural e en clave de país, suma de forzas políticas e de persoas sen filiación política”.

“Á marxe dos resultados, cremos que iso era o que había que facer, e fixémolo”, indicou Adán, “este traballo da unidade por Galiza foi unha experiencia de suma, que deberá ter proxección de futuro”.

Adán fixo fincapé en que foi unha campaña “chea de creatividade, de orgullo e de propostas. A campaña do sorriso e da imaxinación”, subliñou tras cualificar de “inmenso” o traballo desenvolvido por todas as persoas que se sumaron a NÓS.

Carlos Callón puxo en valor “o apoio dos milleiros de persoas” que votaron NÓS-Candidatura Galega, “que tamén contribúen á perda do apoio social e electoral do Partido Popular”.

“Queriamos o cambio político, mais desde nós, sen renunciar a que Galiza tivese unha voz propia”, explicou, ao tempo que recalcou que a candidatura foi a voz dos colectivos sociais máis vivos do noso país, que pelexan nas rúas polos seus dereitos día a día. “Todos eles, todas elas, servirán para asentar un proxecto nacionalista na Galiza con disposición de seguir traballando polo futuro da nosa nación e da súa xente”, valorou.

Callón volveu salientar que o proxecto nacionalista, que no 20D representou Nós Candidatura Galega, “está cargado de futuro”.

“Dicímolo con convencemento, e cun sorriso na boca. A pesar do resultado electoral, a experiencia vivida nesta campaña foi tremendamente valiosa. Foron moitas as persoas que nestas semanas recuperaron a ilusión, o orgullo e a vontade de dar o mellor de si en favor dun país libre no que podermos vivir e traballar con dignidade, dunha Galiza dona de si e orgullosa de sermos unha nación no mundo”.

“Con todas elas, con toda esa xente, é coa que imos comezar a construír, desde mañá mesmo, o proxecto nacionalista que este país necesita”, concluíu.

Imagen: CRTVG
Más información: http://eleccions.crtvg.es/
Fotografía 2: BNG / NÓS-Candidatura Galega
R.