Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Efectos del 20D: el BNG anuncia renovación de la dirección en marzo, Besteiro cree que no hay ninguna situación especial para adelantar las elecciones gallegas y el PPdeG manifiesta su preocupación por la gobernabilidad del país

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG cualifica de “claramente negativos” os resultados electorais do 20D pero manifesta o seu convencemento de que Galiza precisa un proxecto nacionalista autónomo e forte con vocación de ser alternativa de goberno. Para iso, abre un proceso de reflexión e análise, “serena e tranquila”, para “corrixir todo o que haxa que corrixir, e reinventar todo o que haxa que reinventar”, expresou o portavoz nacional, Xavier Vence.

“Os resultados son peor do esperado e moi por debaixo das expectativas do BNG, aínda tendo en conta un contexto complexo e polarizado a catro”, indicou Vence, “é un resultado doloroso que haberá que corrixir, levantarse e repoñerse”. Malia o resultado, o BNG considera que o proxecto nacionalista “segue a ser esencial e necesario para o futuro de Galiza”, aínda que sexa imprescindible “facer unha reflexión profunda” que se canalizará na celebración de asembleas abertas á militancia e ao conxunto da cidadanía por todo o país, que concluirá nunha asemblea nacional en marzo.

“Estamos plenamente decididos a manter erguido un proxecto nacionalista que consideramos esencial para que este país teña futuro, para poder ter voz autónoma en todas as institucións, capaz de ser alternativa de goberno e de contribuír á transformación deste país”, recalcou. “Galiza segue a precisar un proxecto nacionalista autónomo, inclusivo, aberto, con vocación maioritaria e darlle a este país a forza que non van darlle as organizacións estatais”.

Vence asumiu que a foto post 20D “non se explican só polo contexto”, pero tamén foi claro á hora de constatar que o panorama do bipartidismo a catro “condicionou o resultado das forzas nacionalistas tamén en Catalunya e Euskadi. “É evidente que hai unha estratexia para crear un contexto político en clave netamente estatal e recentralizadora cun sistema de partidos a catro que reste protagonismo aos nacionalismos”, indicou

Da asemblea de marzo sairá unha nova dirección e, sobre todo, “a estratexia de futuro para ese proxecto nacionalista necesario”, incluíndo as decisións “para enfrontar os próximos embates electorais en 2016” e as posibles alianzas. A necesaria reflexión colectiva que agora se abre ten que ir máis aló dos resultados do 20D, para analizar “a tendencia que traemos dos últimos anos para podernos dar unha alternativa nacionalista de futuro”, indicou Vence.

Preguntado pola súa continuidade, o portavoz nacional, salientou que estaba a transmitir a valoración da Executiva nacional reunida na tarde de onte, tras chegar de Madrid da súa comparecencia na Audiencia Nacional. “Tomarei as miñas propias decisións persoais, pero o importante neste momento e que o proceso de reflexión que agora se abre conclúa na asemblea nacional da que, evidentemente, sairá unha nova dirección”.

Vence tamén fixo unha valoración global do escenario que queda tras os comicios xerais, salientando o “fortísimo retroceso” do PP que perdería as eleccións galegas e o o retrotrae á situación de 1989, ao tempo que trasladou os parabéns a EnMarea polo resultado.

En nome do BNG, trasladou o agradecemento expreso aos centos de persoas militantes e non militantes que durante a campaña aportaron un caudal de “esforzo, xenerosidade e talento”, en apoio dunha candidatura en clave nacional e de esquerdas, así como a todos e todas as integrantes de NÓS-Candidatura Galega.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou que no PPdeG “imos seguir traballando con reformas e con renovacións de persoas, equipos e actitudes na esperanza de que no futuro próximo os resultados tendan a mellorar e consolidar a estabilidade dun Goberno en Galicia”. Puy puxo de manifesto a “preocupación pola gobernabilidade do país” cos resultados das eleccións xerais celebradas onte, “logo da irrupción no Congreso de forzas populistas que se suman a formacións con clara intencionalidade de superar a ordenación territorial do Estado que ven na Constitución”.

Puy subliñou que o PPdeG “tiña unha tendencia á baixa que rematou nas eleccións europeas e neste momento estamos remontando”. Neste sentido, explicou que esta situación “ten que ver non só coa renovación de persoas, senón tamén das políticas” e avogou por “perseverar nunha liña que nos permite recuperarnos e ganar confianza”.

“Algunhas das circunstancias que fixeron abandonar o Partido Popular a moitos electores nas eleccións xerais son circunstancias que non acompañan ao goberno de Galicia nin ao PP de Galicia”, indicou o portavoz popular, quen reiterou que “o PP ten un maior arraigo en Galicia e nos últimos procesos electorais hai unha tendencia á alza”.

Respecto dos resultados electorais, Pedro Puy indicou que “a irrupción de forzas populistas e outras que queren unha reforma radical da Constitución fan moi difícil acadar un goberno estable, ben sexa liderado polo centro-dereita como pola esquerda”.

Puy explicou que das eleccións xerais xurdiu “unha amplísima maioría” no Parlamento español, integrada polos representantes do PP, PSOE e Cidadáns, que defende a continuidade das políticas económicas e o compromiso co cumprimento dos tratados europeos; a unidade de España; ou a loita internacional contra o terrorismo. “Estamos a falar do 64 por cento dos votos e de 244 deputados sobre 350 que comparten esta visión, fronte aos 90 escanos e o 26 por cento do voto que cuestionan as políticas europeas de estabilidade, que formulan referendos soberanistas ou de independencia; ou que manifestan dúbidas en relación á unión na loita contra o terrorismo”, apuntou.

“O país ten unha ampla maioría que debería dar moita estabilidade ás políticas económicas internacionais e no terreo da ordenación do poder a nivel territorial en España”, porén “temos unha posibilidade amplísima de que o goberno sexa inestable”. Segundo Puy, esta situación xa está a repercutir no día de hoxe na suba da prima de risco ou na baixada do valor dos activos que cotizan no mercado bursátil.

Puy subliñou que “mentres que o PP segue a ser o partido hexemónico no centro-dereita, na esquerda hai dúas forzas moi igualadas”, polo que de cara ao futuro goberno vaticinou que “a decisión que debe tomar o partido socialista é moi complicada”.

“A situación é complicada e dáse o paradoxo de que hai unha amplísima maioría que coincide nas grandes políticas do país, en favor da construción europea, da unidade de España ou da loita contra o terrorismo, pero é difícil que se permita configurar unha maioría estable de goberno”, engadiu.
R.