El mal tiempo provoca más de 200 alertas por incidencias en emergencias de Galicia

O Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia xestionou un total de 235 incidencias a causa do temporal de vento e choiva que afectou a Galicia na xornada do mércores 30 de decembro, tanto en terra como no mar.
Así se desprende dun informe do Centro de Emerxencias galego, que recolle datos comprendidos entre as 6.00 horas e as 18.00 h. de hoxe. A provincia máis afectada foi a da Coruña, con 134 incidencias; seguida de Pontevedra, con 72; Lugo, con 21, e Ourense rexistrou 7.
Igualmente, nese mesmo período tamén se atenderon 2.033 chamadas, das cales a maioría, foron rexistradas entre as 15.00 e as 16.00 horas, cun total de 245, segundo os datos do Centro de Atención ás Emerxencias.
Os tipos de incidencias que máis se repetiron foron: caída de árbores e pólas en estradas (96), desprendemento de cables (18), anegamento en rúas, (15), caída de postes de luz e teléfono (15) e bolsas de auga en estradas (10).
Os concellos con maior número de incidencias foron Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Boiro, Coristanco, Narón, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e A Estrada.
O Centro de Atención ás Emerxencias destaca incidencias concretas como a colisión, sen feridos, dun coche contra unha árbore caída na LU-221, no punto quilométrico 7.500 ou as importantes bolsas de auga rexistradas na AP-9 (á altura de Fene, Santiago de Compostela e Cabanas) e na A-6 (á altura de Coirós).
Durante este temporal rexistrouse a caída de pólas e árbores en estradas principais da rede viaria galega como a N-525 (A Estrada), N-550 (Padrón), N-540 (Monterroso) e a N-640 (cortada a circulación entre Antas de Ulla e Monterroso). En Mondoñedo cortouse a circulación para camións na A-8 polas condicións meteorolóxicas adversas. Na Illa de Arousa un camión con dobre remolque envorcou na ponte e mantén cortada o carril de circulación en sentido ao centro da localidade. Por fortuna, non houbo persoas feridas. Por último en Catoira, unha árbore atravesada na EP-8001 provocou a retención de varios camións.
R.