Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El 48% de los hogares gallegos llega con dificultad a fin de mes, según la encuesta EFC elaborada por el Instituto Galego de Estatística (IGE)

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A confianza dos fogares galegos medrou no último ano 8,3 puntos debido ás mellores perspectivas da situación económica, da situación financeira persoal e da evolución do emprego, segundo reflicte a Enquisa Conxuntural a Fogares que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Este indicador, de carácter trimestral, mide as perspectivas dos consumidores e dos fogares respecto das súas expectativas de gasto e aforro, así como a percepción sobre a súa situación financeira persoal e sobre a situación económica de Galicia.

Na enquisa ponse de manifesto que as perspectivas sobre a evolución do desemprego e sobre as perspectivas de evolución da economía galega evolucionan de forma positiva, xa que no cuarto trimestre melloran en 12,6 e 8,2 puntos, respectivamente, respecto ao mesmo trimestre do ano anterior.

De igual forma, tamén mellora a opinión dos fogares galegos sobre a situación financeira persoal, que medra nun punto con respecto ao cuarto trimestre de 2014, mentres que diminúe nun punto o indicador sobre a capacidade futura de aforro.

O organismo estatístico da Administración autonómica tamén analiza na Enquisa Coxuntural a Fogares a situación económica dos fogares da Comunidade galega ao longo dos últimos tres meses.

Os datos correspondentes ao cuarto trimestre do 2015 sinalan que o número de fogares que declara chegar con algún tipo de dificultade a fin de mes reduciuse en máis de dous puntos en comparación co mesmo período do ano 2014, e en 1,5 puntos en relación ao terceiro trimestre.
R.