Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Los diputados de En Marea no renuncian a tener un grupo propio en el Congreso

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de En Marea:

Os seis deputados de En Marea acreditáronse no Congreso como parlamentarios da XI Lexislatura. Antes de retirar as súas actas, a primeira portavoz de En Marea, Alexandra Fernández, explicoulles aos medios de comunicación que non se plantexan outro escenario que non sexa o de constituírense como grupo parlamentario propio: “Cumprimos todos os requisitos para constituír grupo. É o que a cidadanía reclamou o pasado 20 de decembro. Só traballamos coa perspectiva novo escenario político no que todas e todos temos voz, algo que sabemos que lle incomoda especialmente ó Partido Popular”, dixo Alexandra Fernández.

En Marea, que foi a segunda forza galega máis votada nas pasadas eleccións xerais do 20D e conqueriu uns resultados que por primeira vez na historia de Galicia permiten crear grupo parlamentario galego propio , entende que agora é o PSOE o que ten que decidir entre darlle continuidade ás políticas antisociais do PP ou recuperar o seu proxecto socialdemócrata e asumir o dereito a decidir dos pobos.

“Dende En Marea defenderemos un proxecto político que garantice o benestar das maiorías sociais e entendemos que Galicia é un suxeito político propio que como nación periférica do Estado ten necesidades e dereitos específicos, entre eles o dereito a decidir”, reclamou a deputada Alexandra Fernández.

Tras cubrir o formulario do Congreso cos datos do currículum, declaración de bens e actividades e a súa declaración da renda, os deputados e deputadas trasladáronse a unha sala anexa para realizar a súa fotografía oficial como parlamentarios da Cámara Baixa. As Cortes quedarán oficialmente constituídas o vindeiro mércores, 13 de xaneiro.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de En Marea
R.