En Marea anuncia que emprenderá acciones jurídicas si no se le permite conformar grupo propio en el Congreso de los Diputados

O Consello Nacional do BNG aprobou a data de celebración da Asemblea Nacional que queda fixada para o 28 de febreiro, así como o correspondente calendario e regulamento para un conclave que terá lugar “nun momento decisivo para o nacionalismo, no que a militancia debaterá absolutamente de todo, sobre estratexia, organización, reformulacións necesarias e que elixirá nova equipa de dirección”, explicou o portavoz nacional, Xavier Vence.
A poucos meses dos comicios galegos, as posibles alianzas electorais serán un punto importante, pero non único que abordará a asemblea. “É un debate importante, pero non é o único. O crucial é definir unha estratexia política que nos permita chegar á sociedade como unha alternativa útil, tamén de cara ás eleccións, para transformar o país, derrotar ao PP, dar solucións aos problemas e reforzar o autogoberno”, salientou ou dirixente nacionalista.
“Somos conscientes de que temos un panorama electoral complexo que será elemento de debate na asemblea nacional”, subliñou, tras indicar que o Bloque leva semanas nun proceso de reflexión tanto nos órganos de dirección como por parte da militancia e simpatizantes nas asembleas abertas celebradas por todo o país, “cunha participación moi ampla”.
“Analizando como encarar a situación do nacionalismo e ver que alternativas políticas, incluídas as electorais, corresponde adoptar”, nun debate colectivo que continuará ata a asemblea nacional. “Non é un debate pechado, hai diferentes alternativas e propostas de como reforzar o proxecto nacionalista de cara a futuro”, salientou o portavoz nacional, tras indicar a coincidencia plena en considerar necesario para o futuro do BNG “ter unha organización potente, aberta á cidadanía e capaz de conectar coas necesidades do país”.
“Queremos que o Bloque sexa visto como ferramenta útil para resolver os graves problemas económicos e sociais que temos, para construír país e derrotar ao PP, que hoxe é a principal ameaza da maioría social. Para iso é preciso mudar a correlación de forzas, unha mudanza na que o nacionalismo ten que ser determinante para darlle unha alternativa á maioría social precarizada e reforzar o noso autogoberno”, argumentou.
Á espera do que acorde a Asemblea Nacional, e coa vontade de ir ao maior consenso posible, Vence amosouse partidario de “abrir diálogo con diferentes forzas políticas para sumar e conseguir darlle a volta ao panorama político en Galiza, consolidar unhas políticas diferentes para a maioría social e defender o autogoberno. Para iso o nacionalismo deber ser unha pata fundamental e tentar sumar cos que podan compartir un programa nacional de transformación e para derrotar ao PP”.
Preguntado polos medios se volverá a postularse como portavoz nacional, Vence salientou que do conclave do 28 de febreiro “debe saír unha dirección nova para sacar adiante as resolucións da asemblea nacional, unha dirección nova en todos os sentidos e en todos os niveis”.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
A Mesa Coordinadora de En Marea reuniuse para por en común o contido das diferentes reunións celebradas durante as últimas semanas con diferentes formacións de cara á constitución de grupos no Congreso e no Senado. Logo de que os deputados e a senadora presentes informaron sobre o regulamento e os prazos, a Mesa Coordinadora corroborou que se cumpren todos os requisitos legais polo que mantén a súa decisión de solicitar a formación de grupo parlamentario propio.
Acordouse tamén activar a ponencia que desenvolverá o regulamento da Mesa Coordinadora e reforzar e definir os mecanismos de participación dentro do espazo En Marea.
R.