Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El alcalde de Santiago y la ministra de Fomento hablan en Madrid de las infraestructuras pendientes en la capital de Galicia

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, amosouse satisfeito coa boa predisposición da ministra de Fomento, na reunión que mantiveron en Madrid. Martiño Noriega solicitara este encontro con Ana Pastor como continuación da reunión do pasado 2 de setembro, na que xa se abordaran temas que son de vital importancia para a cidade, nomeadamente o túnel de Conxo, o orbital e a estación intermodal.

Ana Pastor fixou o mes de maio como data para a finalización da obra do túnel de Conxo, e amosouse disposta a asumir a humanización da rotonda en superficie, unha das peticións que tanto a asociación veciñal como a asociación de comerciantes do barrio lle transmitiran ao alcalde na última xuntanza. Martiño Noriega explicou que na próxima semana comezarase a falar desta proposta coa delegación territorial do Ministerio de Fomento.

Na reunión desta mañá, o alcalde tamén lle lembrou á ministra de Fomento a petición do Concello para celebrar unha reunión entre todas as administracións implicadas no proxecto da estación intermodal. Ana Pastor fixou a primeira semana de febreiro para celebrar este encontro entre o Ministerio de Fomento, a Xunta e o Concello. A intención de Martiño Noriega é que nesa reunión se concrete o proxecto, para garantir un proxecto integral que inclúa o traslado da estación de autobuses e a conexión peonil entre o Ensanche e a Pontepedriña.

Con respecto as conexións norte da cidade, a Ministra asegurou que ao longo deste ano finalizarán as obras actuais de ampliación da AP-9, e comprometeuse a sacar adiante o enlace coa Cidade da Cultura e a primeira fase do orbital, na conexión entre a AP-9 e a A-54. Os dous proxectos están xa a exposición pública.

O alcalde amosouse satisfeito cos resultados da reunión, pero advertiu que "o Goberno local seguirá vixiante para que se cumpran estes compromisos cos veciños e veciñas de Compostela".

Fotografía: Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela
R.