Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Compostela confía en resolver los problemas de los comedores escolares con la contratación del servicio por vía de urgencia

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

O Goberno local vai abrir un procedemento negociado sen publicidade, pola vía de urxencia, para resolver a concesión dos comedores escolares para o que queda de curso escolar. Segundo a información dos servizos técnicos do Concello, a resolución do proceso realizarase nun prazo de dúas semanas. Mentres non se resolva o procedemento, está garantido que a prestación do servizo nos centros continuará con absoluta normalidade.

O alcalde, Martiño Noriega, adoptou esta decisión despois de ter coñecemento da intención da empresa Ausolan de renunciar ao contrato. Os seus responsables comunicaron a decisión esta tarde a través de correo electrónico, pero a renuncia aínda non foi feita de xeito oficial. Con esta decisión, o Goberno local quere manter a prestación do servizo, con todas as garantías, ata finais do presente curso.

O executivo aproveitará estes meses para redactar un novo prego e convocar novamente o concurso para a concesión do servizo de comedores escolares. A intención da Concellaría de Educación é levar adiante un novo proceso en permanente diálogo coas ANPAs e co resto da comunidade educativa, así como cos servizos técnicos do Concello.
R.