Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Tejerina justifica que la prórroga concedida a Ence por otros 60 años es una decisión administrativa en la que no intervino el Gobierno

Nota de prensa del CERNA:

CERNA considera intolerábel a prorroga da concesión de ENCE na Ría de Pontevedra por 60 anos máis das súas actividade perniciosas para o medio ambiente e para a economía da zona, por moito que se pretenda vender como positivo para unha comarca en crise e que precisa postos de traballo. Todos os estudios de expertos en medio ambiente e en economía produtiva mariña salentan a grandísima riqueza que atesoura aínda hoxe a Ría de Pontevedra e que podería ser potenciada aínda máis no futuro de desaparecer a contaminación de ENCE.

Esta decisión tomada por un goberno en funcións deixa ben clara a política do Partido Popular de favorecer as empresas amigas antes que ao ben común e á salubridade pública, e os métodos alevosos que utiliza para iso.

Reclamamos e agardamos dun goberno novo o resgate da concesión e a eliminación deste enclave contaminante.

Enlace a nota de prensa de AGE:
http://www.galiciadigital.com/nota.10125.php

Enlace a nota de prensa deL BNG:
http://www.galiciadigital.com/nota.10126.php
R.