Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Galicia conmemora el 181º aniversario del nacimiento del escritor Eduardo Pondal

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou nos actos programados pola Fundación Eduardo Pondal, en Ponteceso, para conmemorar o 181º aniversario do escritor.

Alumnos e alumnas de educación infantil do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso, vila natal do escritor, compartiron esta celebración, que contou con diversas actividades para lles achegar aos nenos e nenas a través da música e da palabra a figura e a obra do poeta.

A Consellería de Cultura e Educación vén colaborando coa Fundación Eduardo Pondal na programación cultural desenvolvida pola entidade para a difusión e posta en valor dun dos poetas máis sobranceiros da literatura galega.

Más información en:
http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=EduGonz%E1
https://www.facebook.com/fundacion.eduardopondal
http://www.eduardopondal.org/es/a-casa-da-muller/
R.