Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Alfonso Rueda acepta la petición de Feijóo de ser el candidato del PPdeG en Pontevedra y reconoce las dificultades que tiene el partido tras 10 años

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que nos congresos que celebrará o partido “darán protagonismo á militancia para seguir avanzando na reconexión coa sociedade e continuar sendo a forza de referencia en Galicia”.

Así, o voceiro explicaba que queren que este sexa un proceso de renovación resultado de ter escoitado á cidadanía. “Nós estamos executando con total claridade ese mandato cidadán de renovación, cun proceso que cualificaríamos como exemplar, que se desenvolve cun nivel de serenidade que xa quixeran para si outros partidos de Galicia”, engadiu Tellado.

Ao tempo que explicaba que o obxectivo é seguir sendo o partido que máis se parece a Galicia e o maioritario nas distintas eleccións, o voceiro lembraba as datas dos catro congresos provinciais que se celebrarán no vindeiro mes de marzo -Ourense o día 5, Lugo o domingo 6, A Coruña o sábado 12, e Pontevedra o domingo 13- e que teñen como finalidade que o PP saia reforzado, con novos equipos de traballo.

Tellado tamén salientou que o PPdeG agradece a xenerosidade de persoas que, gañando as eleccións, favorecen a renovación dando paso a unha nova xeración.

“Dende o PPdeG queremos agradecer e recoñecer de forma expresa o traballo realizado nos últimos anos por Carlos Negreira, José Manuel Barreiro e Rafael Louzán. Os tres decidiron dar un paso a un lado, sendo os responsables da forza máis votada nas súas respectivas provincias, mentres que outros, sendo a terceira ou cuarta forza política, din que todo lles vai ben e que non pasa absolutamente nada, como fai Besteiro”, sinalou Tellado.

O portavoz tamén recordou que hai dez anos o PPdeG celebraba un congreso modélico, que permitía renovar a dirección do partido en Galicia e que máis tarde permitiu recuperar a Xunta “daquela coalición de perdedores formada por socialistas e nacionalistas”.

“Hoxe o PPdeG vive outro proceso de renovación interna similar que ten que permitir que saiamos reforzados para seguir sendo o referente político da maioría dos galegos, que ven na estabilidade política e institucional un aval, unha garantía para que Galicia siga na senda da recuperación económica e da creación de emprego”, sentenciou o voceiro dos populares.
R.