Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, reprobado por la oposición municipal

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del Ayuntamiento de Ourense:

A continuacións remitimos as declaracións do alcalde, Jesús Vázquez, valorando o pleno extraordinario, a petición de Democracia Ourensana, no que se aprobou a súa reprobación cos votos deste grupo e do grupo municipal do PSOE.

“A reprobación forma parte dun xogo, neste caso dun xogo político. Era a posibilidade que tiña un partido, pero creo que estaba todo dito xa de antemán. Todos os grupos políticos veñen coa mesma actitude nestes últimos sete meses e coa mesma forma de comportarse, todos tiñamos claro xa desde o xoves o que ía pasar.

Sempre digo o mesmo respecto a unha reprobación: cando un ten algo que agochar, algo do que arrepentirse ou cando un provoca un dano sabendo o que está facendo, si que pode provocar unha reacción inmediata. Pero actualmente, baixo unhas circunstancias concretas, creo que se vén desenvolvendo un traballo que a cidadanía confirma moitas veces no día a día”.

“Hai unha nova maneira de operar en Ourense, que é unha cidade que estivo paralizada durante os últimos oito anos e, especialmente nestes últimos catro, debido a múltiples factores e que agora está arrancando”.

“Hoxe fíxose alusión a múltiples cuestións. Non é cuestión de poñerse a discutir. Cando algún vén cun papel determinado, porque non ten nada que perder ou porque incluso forma parte da súa forma de ser, non hai moito que discutir: tampouco era preciso hoxe poñernos ao 'ti máis, ti menos'.
Todos sabíamos perfectamente o que ía pasar. Este é o xogo. Ourense en Común xa manifestou abertamente que non ía votar a favor, eu creo que xa todos tiñamos claro o que ía facer o PSOE, que é o que vén facendo ultimamente: que é dicir que a súa opinión a dará no pleno. Pero era coñecida porque estaba máis que estudada. E Democracia Ourensana, pois entra dentro do que é a súa forma de actuar nestes últimos anos cunha serie de contradicións moi grandes. Nese sentido, parece que as contradicións existen sempre para os demais grupos políticos pero nunca aplicables á súa persoa ou ao seu grupo político”.

“Non me sinto menos alcalde agora que ás nove da mañá, en absoluto, ao final aquí hai unha soa opción: Se eles son coherentes deberán presentar unha moción de censura, é a opción que agora lles queda e, pola nosa parte, seguir traballando: nuns minutos marcharemos a seguir en contacto cos veciños, neste caso coa AVV A Lonia, e nesta semana haberá noticias importantes para o Concello de Ourense con novos proxectos. Así o vimos manifestando e, polo tanto, o que temos que facer é traballar. Estamos vendo como as cousas van marchando de maneira moi distinta a como se ían producindo nestes últimos catro anos, con incidencias no ámbito cultural, e social, e onde a xestión do propio concello cambiou substancialmente cunha media de pago aos nosos provedores e acredores neste último mes de decembro de 13 días”.

“Eles mesmos argumentaron que isto realmente non valía para nada, pero que si, pero que non, pero que si pero que non... e nós o que debemos facer é seguir traballando como vimos facendo até o de agora”.
“Nestes anos de política sempre intento valorar as actitudes e os comportamentos do resto dos grupos políticos ou das outras persoas. Eu creo que a cidadanía é a que terá que ver que a do PSOE é a actitude do non, eles saben que son un grupo que ten moitísimos problemas internamente, igual que o outro grupo, entón están nunha dinámica de tentar entorpecer calquera cuestión nestes momentos”.

“Repito que a cidade e os veciños de Ourense son os que terán que valorar o que aquí hoxe se produciu e entendo que o paso seguinte será o de presentar unha moción, igual que Pedro Sánchez di que adopta unha postura de valentía, creo que hoxe Vázquez Barquero debería asumir ese protagonismo e tentar recuperar a cidade para o seu grupo político se el así o entende e recuperar as vellas prácticas que levamos vendo aquí os últimos catro anos”.
R.