Se disuelve la dirección de Podemos en Galicia y la cúpula estatal dirigida por Pablo Iglesias se hace con el control en espera de nuevas primarias

As dez persoas que dimitiron dos seus cargos no Consello Cidadán Galego de Podemos Galicia, Ángela Rodríguez Martínez (deputada no Congreso), Antón Gómez-Reino Varela (deputado no Congreso), José García Buitrón (senador), Francisco Javier Sánchez Lombardero, Marcos Fontán Cortizo, María Lourdes Sylla García, Borja San Ramón Tizón, Adrián Fuenteseca Fernández, Sigrid Campo e Matilde López Álvarez, queren manifestar que tomaron esta decisión polas seguintes razóns:
“Pensamos que tanto a inactividade na que se atopaba a organización como a negativa da secretaría xeral a escoitar as propostas orientadas a acadar un consenso, situaban a Podemos Galicia nunha posición de debilidade clara para afrontar o próximo envite electoral. Por iso, entendemos que o novo tempo que se abre en Podemos Galicia debe considerarse unha verdadeira oportunidade para constituír unha organización forte, eficaz e unida que traballe por unha alternativa de cambio para Galiza que termine coas políticas do Partido Popular.
Consideramos que a opción capaz de gañar o goberno da Xunta de Galiza para todas as galegas e galegos artellarase dende a suma e dende a unidade, como se amosou nas urnas o 20D cos resultados acadados por En Marea, dos que estamos orgullosas e orgullosos. Cremos necesario reflexionar colectivamente sobre as alianzas cidadás e políticas para fortalecer as opcións de cambio, fronte á liña que seguiu a secretaría xeral nos últimos tempos, que só serviu para desperdiciar un tempo valiosísimo e para demostrar a súa incapacidade para ler o contexto político actual e para seguir os ritmos da axenda política galega.
Agora ábrese un novo tempo onde as bases de Podemos Galicia poderán expresar a súa opinión e terán ocasión de decidir que persoas deben liderar o proxecto que eles mesmos desexen para Galiza. Será unha oportunidade de reforzar a organización e de demostrar que efectivamente en Podemos as decisións descansan sobre a intelixencia colectiva”.
R.