Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

En Marea anuncia que tendrá las portavocías de las comisiones de Agricultura y Cultura del Grupo Confederal en el Congreso de los Diputados

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de En Marea:

Ademáis de poder levar todos os asuntos relativos a Galicia en todas as comisións da Cámara, En Marea ostentará no Congreso dos Deputados as portavocías do conxunto do Grupo Confederal nas comisións de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través de Antón Gómez-Reino, e na de Cultura a través do deputado e escritor lugués Miguel Anxo Fernán Vello.

Polo seu interese estratéxico para o noso país, En Marea será a voz do conxunto do espazo do cambio na comisión de Agricultura, na que se dirimen asuntos fundamentais para os sectores produtivos do noso país como son o lácteo ou o cerco, e compartirá a de Industria, Enerxía e Turismo con En Comù-Podem, correspondéndolle á deputada galega Yolanda Díaz a portavocía titular e a vicepresidencia en todos os asuntos relativos a Industria, tanto en comisión como en pleno, sendo o deputado catalán Josep Vendrell o encargado das cuestións enerxéticas. Na Comisión de Igualdade será portavoz adxunta e vicepresidenta a deputada de En Marea Ángela Rodríguez.

A falta de que a semana que vén queden constituidas a totalidade das comisións lexislativas permanentes da Cámara Baixa, En Marea chegou xa a un acordo cos seus aliados no Grupo Parlamentario de Podemos-En Comú-En Marea que permitirá garantir a presenza da Agrupación Parlamentaria Galega a través dos seus 6 deputados e deputadas en todas as comisións, agás Defensa. En todas as comisións do Congreso das que forman os deputados e deputadas serán portavoces de En Marea. Alexandra Fernández será a portavoz de En Marea na comisión de Fomento e David Bruzos na comisión de Educación e Deporte.

Doutra banda, o acordo ao que chegou o conxunto do Grupo Confederal garante a capacidade dos/as parlamentarios/as de En Marea de poder presentar e defender todas as iniciativas relacionadas con Galicia no marco das súas respectivas comisións.

Nos vindeiros días, En Marea rexistrará as súas primeiras iniciativas parlamentarias, focalizadas nos aspectos prioritarios sinalados no programa co que concurriu ás eleccións do pasado 20 de decembro.

No Senado, Vanessa Angustia será a portavoz de En Marea na Comisión de Agricultura, Pesca e Alimentación e José García Buitrón na de Sanidade e Servizos Sociais.
R.