Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La Xunta incorpora el 1 de abril la vacuna de la varicela a partir de los 15 meses

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Alberto Núñez Feijóo, avanzou que desde o vindeiro 1 de abril o calendario de vacinación infantil de Galicia incluirá a vacina da varicela a unha idade máis temperá; é dicir, a partir dos 15 meses de idade. Segundo sinalou, a vacinación comezará para os nenos e nenas nacidos a partir do 1 de xaneiro de 2015, que recibirán a primeira dose desta vacina cando cumpran os 15 meses de idade e, a segunda, a medida que vaian facendo os tres anos.

Na rolda de prensa posterior á xuntanza do Consello, Feijóo explicou que, de acordo ao establecido no ano 2005, seguirase vacinando como ata o de agora aos preadolescentes que aos 12 anos non teñan pasado esta enfermidade ou que non estean previamente vacinados. E, de igual xeito, a aquelas persoas en risco de padecer a doenza.

Estes grupo de risco serían as mulleres susceptibles en idade fértil non embarazadas, pais de nenos susceptibles e sen historia de contacto domiciliario previo nun caso de enfermidade, profesionais sanitarios susceptibles, profesores traballadores de garderías e outro persoal susceptible con risco elevado de varicela grave, persoas que pola súa situación clínica teñen alto risco de padecer unha varicela grave ou as súas complicacións.

Feijóo indicou que seguindo as recomendacións do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, a vacina contra esta doenza vaise introducir no Programa Galego de Vacinación con dúas doses: aos 15 meses e aos tres anos; unha medida que conta xa co visto e prace da Comisión Asesora de Enfermidades Inmunoprevibles de Galicia.

Precisou, así, que a Consellería de Sanidade xa procedeu a adquirir as doses que fan falla para dispensar esta vacina ao longo de 2016. Ademais, indicou que para as persoas que non estean entre os grupos de risco pero desexen recibir esta vacina, a Axencia Española do Medicamento xa autorizou a súa venda en farmacias.

Segundo subliñou, a inclusión desta vacina é unha mostra máis do compromiso da Xunta por facer un calendario vacinal único, especialmente, centrado nas doenzas infantís. E, nesta liña, lembrou vai dirixida a campaña de promoción da vacina da tose ferina para embarazadas, que comezou o pasado mes de decembro.

Por último, Feijóo sinalou que neste ano 2016 vanse a vacinar uns 15.000 nenos de 15 meses de idade, e a partir do ano 2017 uns 20.000. A isto súmanse os nenos de 12 anos que non foran vacinados ou que non tiveran a varicela e aos grupos de risco, que fan unha media estimada de 6.000 persoas máis cada ano.

Como engadiu, en total vanse mercar 25.000 doses para este ano, que se poderán ir incrementando en función dos nenos que vaian cumprindo os tres anos, dos nenos de 12 anos que non tiveran a enfermidade ou que non foran vacinados, e tendo en conta tamén a poboación de risco.
R.