Beiras dice que esperará al final para evaluar la postura de En Marea que presenta en el Congreso medidas urgentes para profesionales de la cultura
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:En Marea, en coordinación con Podemos e En Comú Podem, presentaron no Congreso dos Deputados unha Proposición Non de Lei (PNL) na que se insta ao Goberno do Estado a adoptar medidas que o grupo considera urxentes para o sector cultural. “Consideramos que a cultura é fundamental e prioritaria e que debe ser atendida como sector estratéxico de interese político e social. A situación do sector cultural é grave”, sinala o deputado de En Marea Miguel Anxo Fernán Vello, portavoz do Grupo Confederal na Comisión de Cultura.
Unha medida prioritaria é a suspensión das inspeccións xa abertas e paralizar os expedientes contra autores, tradutores e creadores en xeral en relación ao cobro simultáneo de dereitos de autor e a percepción de pensións, ademais de esixir unha modificación da lexislación para que sexa compatible o cobro de dereitos de autor e a percepción das pensións de xubilación. “Xa hai autores de Galicia que están recibindo as cartas e queremos que se reforme a normativa porque a creación cultural a calquera idade é un patrimonio colectivo de gran importancia ao que non podemos nin queremos renunciar”, indicou Fernán Vello.
O texto tamén propón reducir e unificar o IVE cultural en consonancia co resto dos países europeos, onde o tipo medio é do 7%. Outra medida contemplada na iniciativa presentada hoxe é iniciar actuacións que promovan a igualdade de xénero e fomenten unha cultura máis igualitaria, especialmente o acceso das mulleres a todos os ámbitos e niveis profesionais chegando a unha plena equiparación laboral.
Finalmente insta a crear un Estatuto do Artista e dos Profesionais da Cultura con rango de norma xurídica, que axuste a fiscalidade á actividade profesional intermitente propia do sector, que contemple un réxime específico da Seguridade Social, que faga efectivo o dereito dos profesionais da cultura a contar con representación sindical e que vincule o sector con prácticas da economía colaborativa, social e solidaria, a través de cooperativas de traballo.
Fotografía: http://enmarea.gal
R.
