En Marea condiciona su posible apoyo al PSOE a la creación en el Congreso de una comisión sobre el accidente de Agrois

Acompañados de cinco representantes da Plataforma Víctimas Alvia 04155 e cumprindo cun compromiso incorporado no programa electoral, as deputadas e deputados de En Marea presentaron no rexistro da Cámara baixa unha petición para que se abra unha comisión de investigación que concrete as causas do accidente de Angrois que deixou 81 vítimas e máis de 140 feridos.
“Durante dous anos e medios este Congreso rexeitou permanentemente a investigación deste accidente e cremos que esta Cámara ten unha débeda coas familias e co resto da cidadanía. O PP e o PSOE bloquearon reiteradamente a transparencia neste caso impedindo que se depuren responsabilidades. Agardamos que nesta ocasión a Mesa acepte a investigación. Dende En Marea sempre o puxemos como condición para apoiar un goberno do PSOE pero non vimos nese documento de acordo con Ciudadanos nada que remita a este caso. Instamos ao PSOE que lle dea luz verde a esta comisión de investigación que apoiaron 115.000 cidadáns coas súas sinaturas. Queremos ver que ese documento que tanto fala de rexeneración democrática fale tamen destas cousas concretas que son imprescindibles e que está demandando a cidadanía”, denunciou a portavoz, Alexandra Fernández, na rolda de prensa que ofreceu En Marea acompañada de varias vítimas do accidente.
Dous anos e medio máis tarde, as vítimas continúan sentíndose humilladas. O presidente da Plataforma Víctimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, comezou agradecendo a En Marea a oportunidade de poder falar dende o Congreso dun caso que segundo el demostrou que está repleto de neglixencias e “chapuzas”. “Preguntámonos se a corrupción mata porque curiosamente as empresas adxudicatarias do treito Ourense-Santiago son as mesmas que están agora mesmo investigadas polo AVE de Barcelona. Dende o portal da transparencia e cos escritos correspondentes solicitamos reiteradamente as facturas dese treito e nunca as conseguimos.
Non entendemos que con este panorama non se faga unha comisión de investigación e non entendemos que o PP e o PSOE se neguen sistemática. Deben ter algo moi gordo que ocultar porque neste caso van da man. A decisión do sistema de seguridade involucra a José Blanco e a posta en servizo da liña á ministra Ana Pastor”, explicou Jesús Domínguez. “Queremos saber se contaremos co apoio de Ciudadanos, pois varios dos seus destacados membros déronnos o seu apoio en varias ocasións, e se o PSOE, que agora di que está en proceso de rexeneración apoiará a comisión de investigación. Houbo publicidade enganosa e as vítimas tivemos que ver como foron premiando a todos os responsables políticos do accidente con ascensos para practicamente todos eles”, engadiu o presidente da Plataforma Víctimas Alvia 04155.
Na comparecencia no Congreso tamén estivo presente Teresa Gómez-Limón, ex deputada do PP de Madrid que resultou ferida no accidente sinalou que “é imprescindible que este Parlamento cambie se quere ser unha verdadeira representación dos cidadáns e non un mal teatro, que é o que é. A esperanza é o último que se perde e a Historia muda lentamente e agardo que este Congreso cambie e empece a representar aos cidadáns que nos vimos completamente marxinados e desdebuxados, vulnerados. Non tivemos ningún apoio, a Administración non colaborou coa xustiza, ocultou información mentres os dous grandes partidos se puñan dacordo. Teñen moito que ocultar”, concluíu.
Fotografía: http://enmarea.gal/en-marea-cumpre-co-seu-compromiso-electoral-de-solicitar-no-congreso-unha-comision-de-investigacion-sobre-o-accidente-de-angrois/
R.