Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Las áreas de Santiago y A Coruña presentan menos paro, pero también menos actividad. UGT-Galicia destaca que la cobertura de los sindicatos a los trabajadores es superior a la media europea

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de UGT-Galicia:

En Galicia, aínda que a porcentaxe baixa un pouco, ata o 44,59%, segue a figurar por enriba da media comunitaria en cobertura sindical ás persoas traballadoras. Cifras da Enquisa Europea de Empresas, realizada por Gallup para a axencia Eurofound da UE, que reflicten que os sindicatos galegos presentan uns niveis de cobertura por enriba de países como Portugal, Grecia, Reino Unido, Alemaña, Austria, Italia ou Irlanda. Concretamente, en Galicia hai 15.387 representantes sindicais, dos que o 28,67 por cento corresponden a UGT; o 27,56 por cento á CIG; e o 25,61 por cento a CCOO.

Tamén nesta Autonomía a porcentaxe de representación (cobertura) medra moito cando a análise se fai en empresas grandes. Por exemplo se se toman como referencia as do sector industrial de máis de 250 traballadores, a porcentaxe de representación elévase ata o 84 por cento. Isto evidencia que baixar ata o 44,59 en termos xerais é consecuencia tamén do tecido produtivo galego marcado polo baixo peso da gran industria e a forte incidencia de pequenas empresas nas que o nivel de cobertura baixa.

Esta situación, sempre segundo a propia Enquisa Europea de Empresas, realizada por Gallup para a axencia Eurofound da UE, dáse a pesar de que os sindicatos españois teñen menos recursos materiais, formativos e de tempo para o exercicio das funcións de representación, en relación á media europea.

Neste senso, hai que apuntar que o 37 por cento dos representantes sindicais europeos teñen acceso ao financiamento das propias empresas para costear o asesoramento xurídico, económico ou técnico, mentres que en España esta circunstancia redúcese practicamente á metade.

Ademais, os datos do informe desmenten un dos tópicos máis difundidos sobre os sindicatos españois no relativo ás horas sindicais. Os sindicalistas españois sitúanse á cola da UE, xa que só o 28,3 por cento dos seus representantes dispoñen de crédito horario para exercer as súas funcións. Mentres, a media da Unión Europea é do 56,2 por cento.

A nivel estatal, os sindicatos españois están á cabeza en nivel de cobertura que dan aos traballadores e isto o logran, ademais, coa metade de horas sindicais que o resto dos representantes europeos. Así, en niveis de cobertura, aos sindicatos españois só os superan os de Finlandia e Dinamarca e figuran por diante de países como Francia, Alemaña, Italia ou Inglaterra.

Segundo os datos da devandita Enquisa, de media, o 32,1 por cento das empresas europeas teñen representación sindical estable (seccións sindicais, delegados ou comités de empresa). Non obstante, esta porcentaxe varía segundo a dimensión da empresa e o propio sector no que se encadre. Increméntase nas grandes empresas do sector industrial e baixa nas de menor tamaño do sector servizos. España está por enriba da media comunitaria en canto a representación sindical nas empresas, sendo a media deste país do 57,1 por cento. Segundo os datos do Ministerio de Emprego, en España hai rexistrados 303.622 representantes sindicais, dos que o 35,4 por cento corresponden a UGT.

Fotografía: UGT-Galicia
R.