Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

En Marea se dirige a los socialistas gallegos en su discurso de investidura, de cara a las elecciones autonómicas y Besteiro pide más profundidad por Galicia

"Señores e señoras do Partido Socialista de Galicia, lamentarémolo moito se a oportunidade perdida polo señor Pedro Sánchez para construír un goberno de esquerdas no Estado, pode provocar que as xentes do común da nación galega vexan tamén empañada a consecución, tralas próximas eleccións galegas, dunha alternativa ao que Xosé Manuel Beiras denominou a brigada de demolición e etnocidio” que representa o goberno de Núñez Feijóo. Nós lamentarémolo, pero será o noso pobo quen non llo perdoará a vostedes". Así terminaba el discurso de En Marea durante el debate de investidura de Pedro Sánchez en el Congreso de los Diputados, en el que la portavoz Alexandra Fernández lanzó un guiño a los socialistas gallegos de cara a las elecciones autonómicas.

El líder del PSdeG, Gómez Besteiro, lamenta que Rajoy sea "unha caricatura de si mesmo" y pide a En Marea "máis profundidade por Galicia".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, visitou a Ría do Burgo xunto co secretario provincial e alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, onde lembraron que unha das medidas trasladadas polo PSOE a En Marea nas negociacións para formar goberno é o saneamento integral desta ría. Besteiro zanxou a súa opinión sobre a intervención de Rajoy no debate de investidura desta mañá lamentando que se teña convertido “nunha caricatura de si mesmo” e pediulle a En Marea “máis profundidade” para votar si a medidas moi importantes para Galicia, porque “entrar nun discurso demagóxico” será “profundamente frustrante” para a cidadanía e os seus votantes. “Deben dicir claro se queren cambio ou se teñen outro tipo de obxectivos e prefiren que siga Rajoy”.

“O partido socialista tivo unha actitude coa Marea que nin sequera tivo Podemos. Somos nós os que poñemos enriba da mesa as reivindicacións e as preocupacións de Galicia, porque ata hai uns días nin tan sequera sabiamos que propostas tiñan. Dígoo porque no documento que se remitiu por parte de Podemos ao partido socialista non se mencionaba para nada Galicia. O PSOE tratou cunha actitude moitísimo máis positiva e con máis protagonismo á Marea que a propia formación da que forma parte no grupo parlamentario en Madrid”, afirmou Besteiro, que cre que “hai moitos puntos” nos que os socialistas poden coincidir con En Marea e afirma que “o PSOE segue coa man tendida” para chegar a un acordo. “Temos tempo. Se realmente se quere cambiar neste país, pódese, outra cousa é que non se queira por outro tipo de obxectivos que se queiran conseguir, que son lexítimos pero que deben explicarlle á xente”, dixo.

“Non se pode estar máis fóra da realidade e dos problemas dos cidadáns. Son propostas coincidentes, non para satisfacer a ninguén. Son propostas nas que cre o partido socialista. Cando defendemos a rexeneración da Ría do Burgo facémolo porque xa o fixemos antes nas emendas dos Orzamentos do Estado. Cando falamos de Ence, debemos dicir que antes de revogar hai que facer un proceso de revisión, é bo que sexamos precisos no que queremos falar para non confundir á xente, porque se non a xente pode entender que non se sabe do que se está a falar”, exemplificou.

“Cando falamos dun pacto polo lácteo e o sector agrario é porque xa o fixemos no noso programa electoral, e a nosa primeira iniciativa neste novo Congreso xunto coa de Ence se centraba no pacto lácteo. Falamos de reindustrializar e do naval porque xa o fixemos e o defendemos nas últimas emendas aos Orzamentos do Estado. Non son propostas para satisfacer á Marea, son propostas nas que cre o partido socialista e cre que poden ser puntos de unión con outras formacións políticas que deben dicir claramente se queren cambiar ou non, se prefiren que siga Rajoy e as políticas do PP”, dixo. Para isto hai que “ter memoria e ser coherente”, con “máis profundidade e menos intención de confundir”, afirmou.

Pola súa banda, o secretario provincial do PSdeG e alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, valorou a proposta do PSOE para apostar pola rexeneración da Ría do Burgo, polo seu valor medioambiental e económico para o marisqueo, e lembrou que actualmente “os orzamentos do Estado non contemplan a totalidade da partida necessaria para o saneamento da ría, xa que o proxecto son 41 millóns e só se consignan 7”.

Nota de prensa con el discurso completo de En Marea:

Así falou Penélope

Existe a maxia e pode ser de todos.

A que tanto nobelo e tanta historia?

Eu tamén navegar

Así expresaba a poeta galega Xohana Torres o seu cansanzo, como muller, pero tamén a súa firme vontade de ser libre e tomar as súas propias decisións. E así queremos expresar hoxe aquí o esgotamento de centos de miles de galegas e galegos que xa estamos cansas de esperar a que institucións como esta se poñan ao servizo dos máis. Existe esa maxia e pode ser de todos. A maxia é o desexo para que se abra un ciclo de cambio político e radicais transformacións democráticas no Estado español. Unha resposta positiva a ese desexo non pode esperar máis.

Señor Sánchez, o noso voto será un NON, como anunciamos a semana pasada cando soubemos, pola prensa, que xa tiñan un pacto asinado con Ciudadanos. É un NON ao continuismo, un NON para que o cambio real, palpable, tanxible para a xente do común poida chegar canto antes. Non podemos esperar máis, señor Sánchez, e dános a sensación de que fixo vostede o mesmo que as mulas que moven a noria: dar voltas e voltas para acabar no mesmo lugar onde se veñen inchando as distintas burbullas que sosteñen o Réxime do 78.

O sistema económico do Estado español das últimas décadas estivo baseado nunha burbulla. Pero non só o sistema económico. Tamén o sistema político, cun bipartidismo que nunca se correspondeu coa pluralidade existente nas sociedades das distintas nacións do Estado; o sistema xudicial, cuxo Tribunal Constitucional decretó o que algúns xa sabiamos: que o estado das autonomías era tamén unha burbulla pinchada; o sistema de Benestar e os dereitos laborais e civís: recortados e pinchados por decreto.

E que dicir da Burbulla da corrupción? Esa en a que a xente ben, as clases dominantes, pasaron de ser os invitados dunha voda no Escorial a ver o seu halo máxico esvaerse diante dos nosos ollos.

Burbulla, así mesmo, o soño europeo. Convertido en pesadelo dos pobos por organismos supraestatales non electos democráticamente, convertido en reformas exprés contrarias aos intereses populares dunha Constitución que, como dicían vostedes, os dous grandes partidos dinásticos, supoñíase intocable e convertido en vergonza da humanidade por medio de grandes fosas comúns cheas de inmigrantes (é dicir, non-persoas) afogadas no Mediterráneo na súa fuxida da última guerra imperial.

E burbulla, por fin, o micropacto impotente entre un partido socialdemócrata que non exerce de tal e un partido neoliberal camuflado tralo sorriso e a telegenia. Esta última burbulla está a piques de estalar. Unha vez suceda isto, señor Pedro Sánchez, deixe de crear máis espellismos. Deixe de inflar novas burbullas.

Vostede sabe perfectamente que revisar unha concesión non é revogala: e nós queremos ENCE fóra de Ríaa de Pontevedra; vostede sabe que as boas intencións non son compromisos en firme; e nós queremos que os nosos mariñeiros e as nosas mariscadoras, así como os nosos gandeiros e agricultoras teñan voz en Europa e capacidade para defenderse diante dos abusos das multinacionais; vostedes saben que unha cousa é investigar e outra moi distinta mirar para outro lado. Nós queremos unha comisión de investigación do accidente de Angrois.

Señor Sánchez, veño dunha terra na que se conxugan dúas particularidades que a fan única no Estado. Somos unha nación cunha cultura e unha lingua minorizadas. Pero, ademais destas características que compartimos con outras nacións do Estado, somos unha nación cuns sectores produtivos que non son estratéxicos para o Estado pero que si son vitais para nós.

Para Galicia, pois, autogoberno e benestar socioeconómico son dúas caras dunha mesma moeda que non se poden separar. A recentralización política á que parece querer regresar no Estado español tradúcese, en Galicia, non só en maior minorización cultural e lingüística, senón tamén nunha maior dependencia económica, en peores servizos sociais e nunha crise demográfica que cuestiona nosa viabilidad como pobo.

Para Galicia, señor Sánchez, unha viraxe de 180º a respecto das políticas de austeridad e a respecto do modelo de Estado son necesarias como auga de maio. En lugar das burbullas e espellismos que vostede predica, Galicia necesitaría unha aposta pola economía produtiva e o empoderamiento político.

Vostede perdeu a oportunidade de que acadarmos un acordo que ben podería basearse en dous conceptos que seguro que coñece: socialdemocracia e profundización democrática. Non é moito o que pedimos. Desde logo non é o noso programa de máximos. Pero podería ser un punto de encontro a partir do que construír un futuro sobre alicerces sólidos. Socialdemocracia, para sentar as primeiras pedras tras décadas de gobernos antipopulares e políticas económicas a servizo do capital. Profundización democrática, para tratar ás persoas e pobos do Estado español como maiores de idade e como responsables das súas decisións, permitindo que a organización do Estado sexa decidida libremente, agora que a data 23F xa non debería proxectar sombras alongadas.

Vostede perdeu a oportunidade de facer todo isto polas miles de indignadas e indignados coas burbullas baleiras dos últimos anos. De mostrarlles que existía unha alternativa a este seguir camiñando en chan inestable e pegañento. Esa é a súa responsabilidade neste momento.

Para rematar, señores e señoras do Partido Socialista de Galicia, lamentarémolo moito se a oportunidade perdida polo señor Pedro Sánchez para construír un goberno de esquerdas no Estado, pode provocar que as xentes do común da nación galega vexan tamén empañada a consecución, tralas próximas eleccións galegas, dunha alternativa ao que Xosé Manuel Beiras denominou a brigada de demolición e etnocidio” que representa o goberno de Núñez Feijóo. Nós lamentarémolo, pero será o noso pobo quen non llo perdoará a vostedes.

Fotografía: http://enmarea.gal/enmareavotaranonapedrosanchez/
R.