La oposición política gallega firma un pacto para paralizar la aplicación de la Lomce en la próxima legislatura

Tralo compromiso asinado por todos os grupos da oposición no Parlamento de Galicia a favor da derrogación da LOMCE (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa) e pola paralización dos recortes no ensino público, os deputadas e deputados de En Marea adhírense a estes reivindicacións da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia e comprométense a traballar nesta dirección dende o Congreso dos Deputados. En Marea solicitará a derrogación da LOMCE e promoverá a apertura dun debate no que participen toda a comunidade educativa e que dea lugar a unha nova Lei de Educación de consenso que recupere o espazo e o financiamento roubados ao ensino público en favor das privatizacións e dos recortes.
Para En Marea é preciso un novo modelo educativo que, ademais de blindar o ensino público, garanta un ensino laico e de calidade, que sexa igualitario e que implique tamén ás nais e aos pais do alumnado. Tal e como recollía o programa electoral “o ensino é a máis grande das inversión que pode facer a nosa sociedade e queremos protexelo”. Para iso cómpre un financiamento público garantido por lei que asegure un sistema de bolsas e acceso a materiais didáticos para que ninguén quede excluído do sistema educativo en función da súa renda familiar.
O rexeitamento abrangue tamén o “decreto 3+2”, que pretende expulsar da Universidade aos fillos da clase traballadora e poñer fin a un dos maiores avances sociais das últimas décadas, a democratización no acceso a estudos superiores. En Marea reclamará tamén a retirada deste decreto que vende os títulos que demanda o mercado laboral a prezos inasumibles para as maiorías.
R.