Notas
-
Ante las informaciones sobre la detención de un hermano franciscano de la comunidad de O Cebreiro, la Diócesis de Lugo manifiesta lo siguiente:
-
O IV Salón da Educación e a Formación en Galicia, Edugal, artéllase omo un punto de encontro e de intercambio de información para docentes, alumnos, empresas, centros de formación e institucións educativas en torno ao mundo do ensino e o futuro profesional, polo que se consolida como cita obrigada no ámbito educativo.
-
Turismo de Galicia viaxa á cidade belga de Amberes para participar no certame Fiets en Wandelbeurs, e promove o turismo de congresos no workshop The Meeting Space Spring, un dos principais foros entre británicos, alemáns, rusos e países nórdicos especializados no turismo de negocios.
-
A Escola de Hostalería de Lugo acolleu a 11ª xornada onde os participantes elaboran de xeito tradicional pero cun toque moderno lasaña, pescada e semur de carne de raza cachena. Financiada nun 80% por fondos europeos do Lug02 Provincial, mostra “o potencial turístico da cociña de proximidade” a través de xornadas gratuítas de cociña.
-
Os novos convenios fixan un canón de 3.690€ anuais por cada usuari@ dun centro de día e de 1.500 nas escolas infantís para as arcas municipais.
-
A estratexia tecnolóxica do Goberno galego afonda na transformación de sectores tradicionais e na prestación de servizos intelixentes con impacto en todo territorio, facilitando a súa reutilización, coa fin de acadar unha Galicia conectada. Clausurouse o Foro Smart City: Santiago Cidade Intelixente.
-
O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia recibe aos deportistas pontevedreses campións de España de piragüismo, loita, remo, tríatlon, taekwondo, tiro e judo, aos que felicita por acadar o máis alto do podio e agradécelles a súa contribución ao deporte galego.
-
A Biblioteca de Galicia albergará catro sesións dedicadas á intelectual María Zambrano, á imaxinación dos arquitectos, á arte contemporánea e a relación entre literatura e gastronomía coa gran dama da literatura negra actual: Donna Leon. Aberta en www.cidadedacultura.gal a inscrición da primeira xornada, que contará con Ana Bundgaard e a música de Samuel Diz.
-
Lembra que un informe de Industria sitúa aquí as 44 das 50 gasoliñeiras cos prezos dos combustibles máis caros de todo o Estado. Alerta que lonxe de beneficiarnos de ser produtores de electricidade, Galicia pode chegar a pagar máis pola luz coa reforma enerxética.
-
A compañía galega, que celebra os seus trinta anos de actividade, produciu esta montaxe a través dunha achega de 41.759 euros das axudas outorgadas en 2014 pola Agadic á actividade escénica. Xúlio Lago dirixe a María Barcala, Toni Salgado, Alberto Rolán e Marcos Viéitez nesta peza orixinal de Josep María Miró i Coromina traducida por Afonso Becerra.