Notas
-
- Os conselleiros de Economía e Innovación presenciaron o labor de peche exterior do depósito - As obras, executadas xa no 38 % en apenas dez meses, prolongaranse ano e medio máis - A cúpula, de 680 toneladas, foi elevada a 41 metros de altura
-
- A exportación de viños acollidos ás denominacións de orixe ascendeu no 2004 aos 17,7 millóns de euros, uns 6 millóns de euros máis que na temporada pasada. - A produción anual acollida ás denominacións de orixe é de 30 millóns de litros, que teñen un valor económico estimado superior aos 130 millóns de euros, o que sitúa ao viño no primeiro produto en importancia do subsector agrícola galego.
-
O acordo de colaboración entre ámbolos dous departamentos concrétase e engádese aos seis xa asinados con outras entidades sociais. No marco do Plan de Ampliación de Atención Farmacéutica nos Centros de Asistencia Social, contrataranse 16 novos farmacéuticos, o que permitirá unha mellor atención a 5.000 novos usuarios de 47 centros, acadando unha cobertura cercana ao 100%.
-
Carmen Bouso presentará as iniciativas do Consello Galego de Pesca para paliar as oscilacións na subhasta das especies peláxicas.
-
A conselleira sostivo que a modificación normativa xurde en gran parte dos positivos resultados acadados na xestión da crise do Prestige.
-
O Diario Oficial de Galicia do martes 12 de abril de 2005, publica as seguintes disposicións:
-
As migracións serán o tema que centre esta 1ª edición.
-
- Foi presentado en San Caetano por Manuel Fraga. - A posta en marcha deste sistema está en consonancia coas iniciativas da Unión Europea neste eido - Segundo opinou o presidente da Xunta, o servidor cartográfico cubre un baleiro existente na Comunidade xa que non se dispoñía de ningún sistema de información do territorio galego destas características en Internet - O acceso á web permitirá visualizar a cartografía cunha grande definición de pantalla
-
- Ponse en marcha a solicitude dobre para irmáns que queiran asistir xuntos a un campamento - A oferta inclúe unha vez máis prazas para nenos de menor idade co obxectivo de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar - Amplíase a posibilidade de entrar en lista de espera ás cinco opcións sinaladas na solicitude
-
O conselleiro Xosé Manuel Barreiro e o director de Ecoembes, Melchor Ordóñez, asinaron en Santiago o convenio de colaboración. As achegas económicas aos concellos distribuiranse en función da calidade dos residuos recollidos. O 94% dos municipios están adheridos ao convenio marco de recollida selectiva, o que supón o 98 por cento da poboación galega. En 2004 reciclouse en Galicia a metade dos envases comercializados, o que sitúa a comunidade dous puntos por riba da media nacional.