Notas
-
A Consellería de Economía e Industria, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), vén de pór en marcha unha planta piloto de cultivo de microalgas con fins enerxéticos na estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Guillarei, en Tui, grazas a un acordo de coordinación con Augas de Galicia.
-
A Concellería de Cultura do Concello de Tui e a Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, ACITUI, convidan aos establecementos de hostalería e restauración da cidade a participar na ruta do Europincho que se vai celebrar o venres 10 e o sábado 11 de agosto.
-
A Xunta de Galicia solicita que o asunto se tramite polo procedemento de urxencia de conformidade ao previsto no artigo 98.1 do Regulamento do Parlamento de Galicia. Debatiranse tamén a Lei de Inclusión Social e a adaptación da norma sobre estabilidade e fomento da competitividade no emprego público.
-
A obra, promovida pola consellería de Cultura e Educación, afonda na traxectoria histórica do pazo máis influinte da comarca do Barbanza durante o Antigo Réxime. Hoxe reivindícase a súa herdanza histórica na construción da identidade artística galega.
-
A campaña “Galicia no corazón” tivo unha especial repercusión nas plataformas dixitais e nas redes sociais, co acceso de máis de 500.000 persoas.
-
“O obxectivo é que ninguén pague máis do que corresponde, que se pague o xusto no momento de adquisición ou no momento de transmisión dunha vivenda en Galicia”, asevera Feijóo.
-
O Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago foi constituído no ano 1992 para asesorar á Administración Turística autonómica de cara á celebración do Ano Santo 1993. 20 anos despois, tratouse nesta xuntanza o proxecto de Base de Datos de Iconografía Xacobea baixo a nomenclatura IAGO.
-
Púxose de manifesto o que supón a existencia da Uned Senior de Xestoso na dinamización cultural e na mellora da calidade de vida das persoas maiores desta zona.
-
No seu segundo aniversario, o Foro do Camiño Primitivo critica a pasividade do Goberno galego na recuperación e protección desta vía histórica, candidata a Patrimonio da Humanidade. O Foro reclama a integridade e autenticidade histórica da vía primitiva como premisas na súa delimitación oficial.
-
No apartado audiovisual figuran 10 filmes de ficción e 8 documentais; en tanto que Sarabela, Chévere e Teatro do Morcego asumirán montaxes teatrais de gran formato. Tamén recibirán axuda as salas Teatro Ensalle, Andamio e Santart, 15 festivais de música e outros 8 de teatro e danza.