Notas
-
Anxo Lugilde, Domingos Sampedro, José Luis Gómez e Xabier Blanco abordan temas como o posible fin do tripartidismo tras os comicios galegos; a abstención como reflexo do desencanto popular; e a incidencia da crise e a política de Rajoy nesta cita coas urnas. Preséntase, tamén, o ebook: As Eleccións xerais do 20N na rede.
-
Coa proxección da película EL CAIRO TIME comezou a XXXIV Semana Internacional de Cine de autor de Lugo, que organiza o Grupo Fonmiñá, coa colaboración da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia, Universidade de Compostela-Campus de Lugo e Fundación Caixa Galicia.
-
La Hospitalidad de Nuestra Señora de Lourdes de la diócesis de Lugo organizó, desde el viernes 14 al lunes 17 de septiembre de 2012, la Segunda Peregrinación Diocesana de Lugo a Fátima (Portugal), en la que participaron un total de 107 peregrinos, 3 de los cuales eran sacerdotes.
-
Mario Outeiro puxo en valor o traballo levado a cabo pola Asociación Penitenciaria Concepción Arenal a prol da reintegración social das persoas ex convictas. A expulsión dos penados estranxeiros foi a temática central desta edición.
-
A primeira mostra institucional de relevancia do autor reúne unha vintena de óleos e acrílicos representativos da súa prolífica traxectoria recente e fundamental. A partir do construtivismo e o minimalismo, Mejuto desenvolveu unha obra que pode enmarcarse dentro da tradición da chamada abstracción xeométrica.
-
O presidente da Xunta presenta o Plan Estratéxico do Clúster Saúde de Galicia e asegura que o esforzo de profesionais, cidadáns, institucións e empresas permite mellorar a eficacia da sanidade galega en tempos de crise, sen reducir a calidade dos servizos.
-
O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá puxo en marcha a XXXIV Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo con seis días adicados a proxeccións e eventos. A semana comezou coa presentación no Museo do libro-homenaxe "Ricardo Núñez, o emperador da simpatía".
-
O Consello de Ministros aproba o novo Plan Hidrolóxico de Galicia que protexe aos ríos e garante a boa calidade das nosas augas. A Xunta culminou a tramitación autonómica deste plan en outubro, dotado cuns investimentos de 1.000 millóns de euros ata 2015.
-
Desde o 14 de setembro, máis de 50 artistas e músicos galegos de distintos estilos pecháronse nos cuartos e suites do hotel compostelán NH Obradoiro para compoñer a mostra Musicalidades: unha exposición fotográfico-musical que se pode visitar ata o 13 de outubro.
-
O curso 2012/2013 de Educación Infantil e Primaria comeza con total normalidade para os máis de 38.000 escolares de Pontevedra e a súa área territorial. O 17 de setembro comeza o curso para os estudantes de secundaria e bacharelato.