Notas
-
Los consellos de mayores de Momán (Xermade) y de Labrada (Guitiriz) junto con los consejo de Ancianos de xestoso(Monfero) y de Cambá s (Aranga) se han reunido para tratar sobre los problemas de los recortes que afectan los niños-especial sus nietos y bisnietos en educación y sanidad.
-
Nos dez primeiros meses deste ano fixéronse nos hospitais do Sergas un total de 239 transplantes de órganos. Destes, 78 foron de fígado, 18 de corazón, 25 de pulmón, 5 de páncreas e 113 de ril. 87.000 galegos teñen o carné de doador de órganos.
-
O programa "Aloxamentos conectados", do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo en colaboración coa Administración autonómica, apoia a incorporación de solucións tecnolóxicas en pemes hoteleiras e establecementos dedicados ao turismo rural na Comunidade galega.
-
A Consellería de Cultura e Educación ofrece un novo servizo electrónico de subscrición ás novidades culturais renovando o boletín informativo que inclúe unha axenda con propostas culturais nas catro provincias, a programación dos espazos dependentes da Xunta, bolsas e novidades en formación.
-
Inaugurouse na sala de exposicións do Edificio da Xunta de Galicia en Lugo a exposición "Caixón de sastre", unha mostra antolóxica de fotografías do lucense Miguel Calvo Negro, organizada polo Grupo Fonmiñá.
-
“Segue sendo necesario loitar por cambiar esta política letal para a maioría social e nesa loita está a folga xeral do 14 de novembro”, dixo o portavoz nacional que transmitiu a solidariedade do BNG cos traballadores e traballadoras do xornal “El País”.
-
Os cociñeiros Yayo Daporta e Alberto G. Prelcic cociñarán para o público mexicano, neste evento destinado a públicos especializados e de prestixio. Esta acción enmárcase dentro do Plan de promoción da marca turística España Verde, da que forman parte as comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi.
-
A Facultade de Xeografía e Historia da USC acolle os martes do mes de novembro un ciclo de conferencias que revisará a obra desta xeración de artistas no contexto histórico nacional e internacional no que xurdiu. Cultura apoia á Fundación Laxeiro na difusión do legado dos renovadores da vangarda histórica galega.
-
A Deputación colabora con asociacións e Concellos de todas as cores políticas aportando un total de 100.000 euros para organizar diferentes iniciativas que poñen en valor os produtos autóctonos.
-
En este curso los alumnos pudieron conocer y distinguir una amplia gama de setas, haciendo hincapié en sus cualidades nutritivas y medicinales aplicado a través de la cocina gallega.