Notas
-
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas presidiu a reunión do Consello Reitor da Axencia Galega de Infraestruturas, que ultima os orzamentos para o vindeiro exercicio de 2013 con piares na conservación das estradas e a seguridade vial.
-
Feijóo di que Galicia é a comunidade líder en execución e pago de investimentos nos nove primeiros meses de 2012, cunha porcentaxe do 66.6%, o que implica 24 puntos máis que a media situada nun 42%. Blindar o gasto social sen abandonar os compromisos co investimento real, obxectivo prioritario.
-
Ata o sábado 15 de decembro, algunhas das principais voces expertas nas diferentes facetas de Paz-Andrade analizan a vida e a obra do escritor e empresario homenaxeado nas Letras Galegas 2012. A Xunta e a Real Academia Galega (RAG) colaboran neste evento.
-
Cultura e Educación prepara o Nadal cunha ampla oferta de actividades de lecer para todos os públicos nas bibliotecas nodais de Galicia. Contacontos, monicreques e obradoiros, protagonistas da programación nadaleira. A oferta está prevista para todo tipo de públicos, desde os máis infantís ata os adultos.
-
O traballo discográfico do tudense Samuel Diz, editado polo selo Ouvirmos, preséntase no auditorio do Museo do Mar de Galicia o venres 14 de decembro ás 19:00 horas, nun formato de charla-concerto. O proxecto ofrece unha viaxe musical pola tradición guitarrística galega.
-
O Comité Internacional encargado da avaliación do Programa de Campus de Excelencia Internacional ven de valorar coa máxima cualificación o Informe de Progreso do proxecto Campus Vida da Universidade de Santiago (USC), correspondente ao período comprendido entre xullo de 2011 e setembro de 2012.
-
Especialistas de Galicia, Asturias, Castela e León, País Vasco e Portugal reúnense en Lugo os días 15 e 16 de decembro arredor da I Xornada sobre Música Tradicional promovida pola Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración coa Xunta.
-
O presidente da Xunta apela á corresponsabilidade dos profesionais sanitarios para manter a viabilidade do Servizo Galego de Saúde e poder rematar esta lexislatura “con máis hospitais públicos, con máis centros de saúde públicos e cunha mellor tecnoloxía”.
-
Ademais, 32.000 persoas teñen solicitado xa cita para vacinarse, polo que aínda faltan 70.000 que o ano pasado se vacinaran e este aínda non o pediron e lémbrase que as vacinas da gripe son “seguras e eficaces”.
-
Un total de 72 das 126 actuacións de teatro, danza, música, maxia e novo circo que se celebran durante este mes están especialmente dirixidas aos rapaces. A Rede Galega de Música ao Vivo con 58 concertos e a Rede Galega de Salas con 33 funcións completan a oferta mensual dos circuítos que xestiona a Agadic.